UB02 ORIENTACIÓN DA EDIFICACIÓN
Orientación da edificación en novos desenvolvementos urbanos atendendo a criterios bioclimáticos
Obxectivo
Estudar a disposición dos edificios e a relación entre eles, tendo en conta o percorrido do sol para optimizar a situación dos ocos capaces de recibir ganancias por radiación solar en inverno no interior da edificación, de xeito que se reduza a demanda e, polo tanto, o consumo de enerxía para calefacción.
Por que?
Nos novos desenvolvementos urbanísticos, as estratexias do urbanismo bioclimático son determinantes na busca de solucións sustentables. Estas decisións adoptadas na fase de planeamento na escala global condicionan o rendemento enerxético da edificación e o resultado das medidas que se poden adoptar en fases posteriores nas escalas menores. Algúns aspectos que considerar son os seguintes:
• Estudo climático local: para mellorar a adaptación ao clima, analizando as temperaturas, a chuvia, a humidade e as horas de sol por día dispoñibles para recibir ganancias.
• Situación: evitar emprazamentos en sombra, con altos niveis de humidade ou con exposición a ventos.
• Orientación: o criterio para decidir a orientación sempre debe priorizar a optimización da achega de radiación solar.
• Tratamento da contorna: o uso de vexetación, auga e materiais claros altera a absorción da radiación solar.
(ver ficha UB06)
Como?
De acordo coa clasificación climática de Köppen, o clima de Lugo é un clima oceánico temperado (con verán suave) de tipo Cfb con influencias dos climas mediterráneos e con certo matiz continental. No anexo incluído neste catálogo, expóñense os datos climáticos en detalle, tanto os datos recompilados coma o escenario de cambio climático. Do estudo detallado, obsérvase que, a maior parte do ano, as condicións son de temperatura inferior á de confort. Para acadar el confort térmico no interior da edificación, cómpre unha achega de calefacción durante seis meses ao ano, que pode reducirse se se considera a achega das ganancias solares polas fiestras. Evidentemente, nos meses calurosos, non se pode esquecer a protección fronte á radiación para evitar esas ganancias. Nesta ficha, recóllese un gráfico que compara a cantidade de achega solar que se recibe segundo a orientación, visualízase claramente a vantaxe da orientación sur porque recibe gran cantidade no inverno, cando é necesaria, e menos no verán, cando hai que evitala.
Para acceder á radiación solar nos espazos interiores, a orientación do edificio condiciona a cantidade de horas dispoñibles. Na nosa latitude norte, considérase óptimo o arco SE, S, SO (cunha desviación posible de ata 30 º leste e 30 º oeste). Non obstante, esta premisa debe matizarse polo efecto das néboas matinais en Lugo, segundo a situación a respecto do río, que fan que, a esas horas, a radiación do surleste se poida ver reducida.
Na táboa adxunta, pódese visualizar a importancia da orientación na redución da demanda de calefacción. Os datos corresponden á simulación coa aplicación PHPP dunha vivenda tipo de 100 m2 útiles proxectada cumprindo o estándar Passivhaus, considerado aquí como referencia do horizonte normativo previsible nos próximos anos cando o Código Técnico da Edificación (CTE) asuma as prescricións dos edificios de consumo de enerxía case nulo (EECN). O que se mostra é a variación de demanda de enerxía para calefacción segundo a orientación dominante da vivenda.
Se ben chama a atención a grande repercusión, convén aclarar que no horizonte normativo, a exixencia de redución de demanda é tan forte (conleva un salto importante na mellora en illamento, infiltracións e sistemas de ventilación) que cada vez se fai máis relevante a contribución de cada parámetro, especialmente as ganancias solares.
Para sectores de nova ordenación, o planeamento debe promover as edificacións de fondos reducidos con vivenda pasante para eliminar as vivendas con orientación exclusiva a norte e favorecer a ventilación cruzada.
A orientación de los edificios debe dar á fachada sur, surleste ou suroeste, a máxima lonxitude sempre que sexa posible. No caso de que non sexa posible a configuración con vivendas pasantes, as orientacións a norte débense destinar a usos complementarios non vivideiros (zonas de servizo ou distribución). E ao seleccionar o tipo de edificio (bloque illado, quinteiro pechado, torre, vivenda unifamiliar, etc) hai que estudar a interacción entre vivendas para que unhas non se vexan moi perxudicadas polas sombras proxectadas por outras edificacións.
Para a cuantificación dos obxectivos compáranse tres escenarios de configuración de vivendas nunha nova ordenación mediante simulación enerxética da demanda de calefacción, considerando vivendas que, na súa posición sur, cumpren co estándar Passivhaus:
– escenario 1: ordenación na que existen o mesmo número de vivendas en cada unha das 8 orientacións.
– escenario 2: ordenación na que o 50 % de vivendas con orientación maioritaria de fiestras ao sur entre o arco SE, S, SO (cunha desviación posible de ata 45 º leste e 45 º oeste).
– escenario 3: ordenación na que o 80 % de vivendas con orientación maioritaria de fiestras ao sur entre o arco SE, S, SO (cunha desviación posible de ata 45 º leste e 45 º oeste).
Comparativa de orientacións para vivenda tipo de 100m2 útiles, situada en Lugo , proxectada cumprindo o estandar Passivhaus. Elaboración propia.
Orientación | Demanda de calefacción | Frecuencia de sobrequecemento sin protección solar temporal (> 25 °C) |
Frecuencia de sobrequecemento con protección solar temporal (> 25 °C) |
Horas De Sobrequecemento Sin Proteccion Solar Por Ano |
Horas De Sobrequecemento Con Proteccion Solar Por Ano |
kWh/(m²a) | % horas/año | % horas/año | horas | horas | |
Norte | 23,9 | 8,2 | 1,1 | 718,30 | 96,36 |
Noreste | 21,7 | 12,5 | 1,2 | 1.095,00 | 105,12 |
Este | 18,0 | 19,7 | 1,9 | 1.725,70 | 166,44 |
Sureste | 14,0 | 19,7 | 1,9 | 1.638,10 | 166,44 |
Sur | 11,8 | 13,3 | 1,3 | 1.165,10 | 113,88 |
Suroeste | 14,5 | 16,4 | 1,3 | 1.436,60 | 113,88 |
Oeste | 19,9 | 19,8 | 2,0 | 1.734,50 | 175,20 |
Noroeste | 23,4 | 14,2 | 1,6 | 1.243,90 | 140,16 |
Comparativa de radiación por mes entre las distintas orientaciones. Elaboración propia para la ciudad de Lugo.
Edificio del Passivhaus Institute Darmstadt Fuente: Passivhaus Institut. https://passiv.de
INTERVENCIóNS A ESCALA DE barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución da demanda de calefacción por optimización da orientación
Indicador secundario
% de vivendas con orientación adecuada
Unidade
(I1) MWh/º de desviación respecto ao norte
(I2) %
Recomendación mínima
50% de vivendas con orientación maioritaria (>25%) de fachadas e fiestras a sur entre o arco SE, S, SO (cunha desviación posible de ata 45º leste e 45º oeste).
Recomendación desexable
80% de vivendas con orientación maioritaria (>25%) de fachadas e fiestras a sur entre o arco SE, S, SO (cunha desviación posible de ata 45º leste e 45º oeste).
Método de medición / Formula
(I1) Simulación da demanda da edificación con software específico. DMWh/ano = [A – B]
A: Demanda en escenario 0
B: Demanda en escenario 1
(I2) % = [A / B]
A: vivendas con orientación adecuada
B: nº total de vivendas
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Plan Especial
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración:
Redacción da normativa de edificación como consecuencia desta estratexia. Considerar o exemplo doutras ordenanzas bioclimáticas como a de Tres Cantos (Madrid).
Que debemos ter en conta para a súa aplicación?
Proxectar a posición da edificación en relación cos espazos libres que se xeran entre eles para que estes tamén estean orientados axeitadamente.