UB01 DENSIDAD / TIPO DE EDIFICACIÓN
Densidade e tipos de edificios segundo parámetros de sostenibilidade
Objectivo
Elixir o tipo de edificación axeitada é crucial para determinar a densidade resultante e unha rede eficiente de instalacións urbanas para dar servizo ás vivendas. O resultado debe ser unha adecuada concentración de poboación no ámbito para estimular intercambios e relacións entre persoas e actividades. Esta concentración simplifica e fai máis eficientes as infraestruturas necesarias.
Por que?
Nos novos desenvolvementos urbanísticos, a elección dos tipos de edificacións tén consecuencias directas sobre as seguintes variables:
• A ocupación do solo: canto máis solo ocupado pola mesma poboación, menor é a eficiencia no emprego do solo coma recurso, máis gasto na execución e no mantemento das redes e infraestruturas.
• A mobilidade: os asentamentos compactos son menos dependentes do sistema de transporte. Os desenvolmentos urbanos dispersos xeran un uso masivo do vehículo privado para actividades cotiás e complican unha xestión eficaz de la red de transporte público.
• A complexidade: un conxunto heteroxéneo de edificacións facilita a existencia de singularidades ou referencias urbanas. Tamén promove a coexistencia de poboación diversa en termos sociais. As zonas dispersas monofuncionais ou cun único tipo de edificios vólvense vulnerables, homoxéneas e pouco diversas.
• As dotacións: a poboación dispersa non permite un uso eficaz das dotacións e, cando a masa poboacional é reducida, a área é difícil de xestionar e usar adecuadamente.
• O aproveitamento do espazo público: nos espazos colectivos dos tecidos compactos desenvólvese unha maior vida social.
• As actividades económicas: unha cantidade suficiente de poboación ofrece un mercado adecuado para que exista certa diversidade de actividades económicas.
Como?
Numerosos autores establecen en 60–80 viviendas por hectárea, (uns 200–250 habitantes por hectárea) o limiar óptimo de densidade para reunir as vantaxes dunha cidade compacta. Outros, atendendo a parámetros de sustentabilidade específicamente (como a Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona), recomendan subir a densidade a valores entre 80 e 100 vivendas por hectárea.
É importante que se configure a ordenación con certa complexidade e variedade de formas e tipos. A diversidade de tipos de edificios é un atributo de sustentabilidade xa que implica:
• variedade de formas arquitectónicas que axuda a estruturar o espazo, dotalo de referencias e de singularidades internas;
• variedade de vivendas, pois combinando tipos consíguese un mellor axuste ás condicións do lugar e do relevo sobre todo en territorios accidentados;
• variedade de persoas segundo a súa renda e posibilidades de adquisición duns tipos ou outros de vivendas; e
• variedade de usos para evitar as ordenacións excesivamente monofuncionais combinando o uso residencial con usos terciarios, comerciais e mesmo industriais sempre dentro das marxes de compatibilidade normativas.
Nos climas fríos, nos que a calefacción é a principal necesidade para acondicionar, recoméndase reducir a relación entre superficie de fachada e volume, o que da como resultado unha configuración compacta dos edificios e unha minimización de perdas enerxéticas.
As vivendas unifamiliares illadas consumen o dobre de enerxía en comparación coas unidades residenciais nos edificios plurifamiliares. A pesar de teren máis limitadas as posibilidades de captación solar, a proporción mantense porque tamén se minimizan as perdas.
Para sectores de nova ordenación, o planeamento debe expresar a preferencia por anchos edificables reducidos con viviendas pasantes para eliminar as vivendas con orientación exclusiva ao norte e favorecer a ventilación cruzada. A orientación dos quinteiros debe ofrecer á fachada sur, sureste ou suroeste a máxima lonxitude sempre que sexa posible. Se non son vivendas pasantes, as orientacións a norte débense destinar a usos complementarios non vivideiros.
Esta medida, para os mesmos valores de edificabilidade e sumado ao criterio de acceso ao sol de todos os edificios, pode conducir ao descenso da densidade dos desenvolvementos urbanos e, polo tanto, aumentar considerablemente a ocupación do territorio. Asemade, se a iso unimos os conseguintes aumentos de consumo enerxético xerados polo aumento de superficie de fachada, obsérvase que fará falta atopar o equilibrio entre densidades aconsellables e o uso xeralizado de vivendas pasantes.
Para a selección das proporcións do volume edificado, hai que ter en conta a relación entre altura de edificación e sombra proxectada, e o seu efecto sobre a superficie dos espazos libres. Os estudos de Walter Neuzil, procedentes en boa parte dos manuais especializados, establecen que o aumento de superficie libre por aumento do número de plantas conservando o mesmo volume edificable é ineficaz a partir da cuarta planta pola sombra que proxecta sobre o espazo libre e, xa que logo, o seu aproveitamento. Por outra banda, a forma do edificio tamén é determinante: por exemplo, a zona de sombra que non recibe radiación directa en todo o ano é maior nun bloque lonxitudinal ca nunha torre co mesmo volume.
URBANISMO BIOCLIMÁTICO. CRITERIOS MEDIOAMBIENTAIS NA ORDENACIÓN DE ASENTAMENTOS.
Fonte: Esther Higueras
TIPOS EDIFICATORIOS | INTERACCIÓN CO CLIMA | INTERACCIÓN CO SOLO | INTERACCIÓN COA VIDA VEXETAL | SOBRE A CONTAMINACIÓN |
Casco tradicional | Aumento de temperatura do aire | Sobrequecento | Condicións duras para as especies vexetais, desaparecen as máis débiles |
Conxestión |
Contaminación atmosférica | Nula retención da humidade | Tráfico | ||
Pouca radiación solar | Aproveitamento do solo | Contaminación | ||
Ensanche en quinteiro pechado | Baixa evapotranspiración | Sobrequecento | Descenso e desaparición das especies sensibles á contaminación |
Tráfico |
Contaminación atmosférica | Pouca retención da humidade | Contaminación | ||
Canles de vento | Aproveitamento do solo | |||
Edificación en bloque aberto |
Modificación do réxime xeral de ventos | Máis control sobre a humidade do solo |
Variedade de especies e diversidade de espazos abertos |
Menos conxestions |
Zonas de sol e sombra moi diferenciadas | ||||
Edificación unifamiliar arrimada |
Murallas ao vento | Consumo excesivo do solo | Variedade de especies | Aumento dos tráficos internos |
Modificación réxime xeral de ventos | Concentración de humus | |||
Aportación adicional de auga | ||||
Edificación unifamiliar illada |
Microclima local favorable xa que existe máis vexetación |
Despilfarro de solo | Variedade de especies | Aumento dos tráficos internos e externos |
Aportación adicional de auga | Contaminación |
Ordenación compacta. Hammarby Sjöstad Hans Kylberg https://sv.wikipedia.org/
Hammarby Sjöstad. https://sv.wikipedia.org/
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras soluciones
Elementos de medida
Indicador
Densidade de vivenda. Repercute noutros indicadores
Unidade
viv/ha
Obxectivo mínimo
> 60 viv/ha
Obxectivo desexable
> 80 viv/ha
Método de medición / Formula
Nº de viv/ha = A / B
A: Nº de vivendas
B: Superficie de actuación en hectareas descontando os sistemas xerais que poidan existir no ámbito de actuación. En actuacións de reforma da cidade existente pódese medir por barrio.
Nota: As viv/ha deben considerarse como densidade neta, ou polo menos descontados os sistemas xerais (que non os locais) dunha ordenación residencial. Os sistemas xerais son dotacións ao servizo da totalidade ou da maior parte da comunidade local, fronte aos sistemas -ou dotacións- locais que están ao servizo predominante dun ámbito de execución concreto.
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Plan Especial
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Promotores inmobiliarios
Posibles actuacións impulsadas pola administración
Redacción da normativa de edificación en consecuencia con esta estratexia. Considerar o exemplo de otras ordenanzas bioclimáticas como a de Tres Cantos. Madrid.
¿Que debemos ter en conta para a súa implementación?
Equilibrar a densidade optima coa variedade tipolóxica, dando lugar a espazos libres adaptados á climatoloxía do lugar e permitindo a combinación con usos compatibles.