TR02 EFICIENCIA ENERXÉTICA MUNICIPAL
Evaluación e mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas e servizos urbanos municipais
Obxectivo
Aforrar enerxía no marco dos servizos e infraestruturas xestionados polas administracións municipais. Mediante a realización de auditorías enerxéticas e a planificación das melloras preténdese reducir o impacto negativo sobre o cambio climático.
Por qué?
O consumo enerxético dos municipios foi en aumento nas últimas décadas, supoñendo en España unha media aproximada do 2,5% do seu orzamento. Por outra banda, os entes locais teñen a obriga legal de racionalizar o gasto público.
Este consumo enerxético ten unha translación directa en emisións de GEI, e dependendo da orixe desta enerxía, estas emisións serán maiores ou menores. Debido a que o consumo enerxético está presente en todos os procesos, equipamentos, edificios e instalacións dos concelos, a súa planificación e xestión é un factor crave para reducir as emisións de GEI.
Cómo?
Para conseguir unha redución significativa do consumo enerxético é imprescindible contar cun Plan de Acción de Enerxía Sustentable (PAES). Este PAES é unha iniciativa da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea, cuxa base era a estratexia 20/20/20. Mediante esta iniciativa, os municipios comprometíanse a reducir as emisións en máis dun 20% para o ano 2020, pero o mesmo Plan serve para ir reducindo as emisións máis aló do 2020. Este PAES debe incluír os seguintes elementos:
► Inventario de emisións
O primeiro paso será realizar un inventario de emisións, detectando os sistemas ou servizos que máis enerxía consomen, para axudar á planificación, concentrando os esforzos neles. Xeralmente é a iluminación pública o servizo que máis enerxía consome, e ademais no que hai máis oportunidades de mellora, pero hai outros servizos ou infraestruturas que supoñen un consumo significativo: centros docentes, polideportivos, edificios administrativos, etc. Se existen instalacións como estacións depuradoras ou potabilizadoras e centros de procesamento de residuos o consumo enerxético increméntase de forma considerable. Outro servizo que tamén supón un consumo enerxético considerable é o do transporte público, aínda que tamén é posible reducir as súas emisións facilmente.
► Diagnóstico enerxético
A partir do inventario e dos fluxos enerxéticos do municipio identifícanse os principais sectores e actividades consumidores de enerxía e emisoras de GEI. Con iso detéctanse os ámbitos susceptibles de mellora para reducir o consumo enerxético e as emisións.
► Plan de Acción
Aquí recolleranse as accións a implantar. Para cada unha das accións realizarase o cálculo da redución efectiva que supoñerá, o seu custo, os axentes implicados e o prazo de implantación. Cada acción deberá contar cun indicador que permita cuantificar a súa eficacia.
► Seguimento
De exporse un programa de seguimento de cada acción en función dos indicadores definidos.
► Participación
O PAES debe ser un proceso participativo e transparente, polo que debe contar cun proceso participativo. Debido aos ámbitos afectados, a participación deberá ser diferente por parte dos traballadores dos servizos municipais e do público en xeral.
► Comunicación
O plan de comunicación deberá conseguir dous obxectivos principais: Incrementar a participación e difundir as medidas e os seus obxectivos.
A pesar de que a selección das medidas para adoptar deberá facerse unha vez realizado o inventario, pódense citar algunha das medidas máis útiles en cidades do tamano de Lugo. A continuación, descríbense algunhas delas por sectores. Inclúense aquí medidas soamente no ámbito dos servizos municipais, xa que moitas das medidas destinadas ao sector doméstico inclúense noutras fichas.
Optimizar a factura eléctrica
• Adecuar as instalacións á potencia realmente demandada, evitando as recargas, en ocasións cuantiosos, en concepto de excesos de potencia
• Compensación de reactiva
• Determinar da curva de carga, e mesmo o traslado de consumos a horas vale
Alumbrado exterior
• Instalar lámpadas LED
• Axustar os niveis de iluminación ás necesidades
• Instalar elementos de manobra que eviten os acesos a destempo
• Incorporar lámpadas máis eficientes
• Incorporar equipos redutores- estabilizadores
Edificios públicos
• Realizar auditorías e posta apunto de equipos defectuosos
• Mellorar o illamento
• Aproveitar o arrefriado gratuíto
• Recuperar a calor de extracción
• Utilizar bombas de calor
• Modificar os tipos de vidros e carpintería en xanelas e portas
• Instalar proteccións solares
• Instalar sistemas de produción de enerxía renovables
• Tomar medidas de aforro en iluminación
Mobiliario urbano
• Minimizar a cantidade de material
• Utilizar materiais reciclables ou valorizables
• Empregar materiais autóctonos ou rexionais para reducir o transporte
• Avaliar a ecoeficiencia dos materiais
• Seleccionar elements durables
Flota municipal
• Renovación flota de veh.s por outros máis eficientes
Introdución de veh.s eléctricos
• Substitución de vehíucos municipais por motocicletas ou bicicletas
• Patrulla policial en bicicleta
• Introdución de autobuses urbanos eléctricos ou que empreguen combustibles alternativos
Calefacción e refrixeración
• Utilización de combustibles alternativos en sistemas DHC
• Recuperación de biogás de entulleira e EDAR
Transporte
• Reducir a necesidade de transporte (ver ficha AC03)
• Intensificar a utilización da administración electrónica
• Mellorar o atractivo do transporte público
EDAR
• Instalar variadores de frecuencia
• Utilizar sistemas de aireación de difusión
• Substituír as lámpadas de UV de media presión polas de baixa presión con alto rendemento
• Automatizar os sistemas de desodorización
• Aproveitar as enerxías residuais que produce a EDAR
Recollida de residuos
• Introdución de sistemas de recollida intelixentes
• Implantar sistemas de recollida contenerizada por fracción, con locais para contedores nos edificios.
• Utilización de combustibles alternativos na frota de recollida
• Estudar a posibilidade de recollida pneumática
Redes de Servicios
• Implantaranse galerías de servizos para facilitar a operación e mantemento e evitar interferencias entre redes
Recollida neumática (ENVAC)
Luminarias solares
Bus urbano propulsado por Biogas en Estocolmo
Hammarby Sjostad (Estocolmo)
Policía en bicicleta (Honolulu)
Intervencións a escala de cidade
Sobre qué actúa
Elementos de medida
Indicador
Medida transversal. Cada un dos servizos ou infraestruturas avaliarase mediante un indicador diferente. Moitos deles inclúense nas fichas das solucións individuais.
NIVEL DE PLANEAMENTO
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Proxecto de Construcción
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación