PC03 NATURACIÓN DE ESPAZOS PRIVADOS
Intervencións en espazos comúns de propiedade privada mediante a cooperación entre propietarios
Obxectivo
Aplicar unha ou varias solucións como as recollidas neste catálogo, en ámbitos de relación entre propiedades privadas ou con varios propietarios nos que estes poidan coordinarse. Favorece a interacción social, aumentan os espazos dispoñibles na cidade para o lecer e, dependendo da solución aplicada, actúa sobre algún dos fenómenos característicos das estratexias sostibles.
Por que?
As Solucións Urbanas deste catálogo non son intervencións exclusivas do espazo público. Existen moitos terreos, propiedades a nivel de piso ou espazos interiores de patios de quinteiro, aptos para aplicar calquera das intervencións que se propoñen.
Caracterízanse pola súa multifuncionalidade, é dicir, por teren a vocación de proporcionar múltiples beneficios que poden ir moito alén do alcance e obxectivo de adaptación ao cambio climático para o que se deseñaron orixinalmente e ofrecer varios beneficios colaterais en termos de calidade ambiental (nos eidos da auga, ruído, aire e solo), saúde humana e benestar, capacidade de rexeneración urbana, mellora das condicións de habitabilidade, aumento do valor do solo, creación de emprego, etc.
Como?
Existen moitas experiencias de cohousing e vivenda colaborativa. Nunha comunidade de veciños pódense definir varios graos de privacidade e aproveitar zonas infrautilizadas, como os anacos de parcela non ocupados, as cubertas das plantas baixas situadas detrás do fondo edificado, os patios de comunidade ou mesmo algunhas cubertas practicables para implantar servizos comúns, zona de estar ou facilitar actividades económicas que financien parte dos cambios.
En quinteiros de edificios de varias propiedades en altura, a posibilidade de habilitar espazos comúns no patio interior vai depender da configuración dos accesos e da distribución dos espazos comúns. O ideal é que o portal teña comunicación directa co patio. Nalgúns casos hai plantas baixas ou entreplantas habilitadas como comúns ou de uso de rochos que permiten esa comunicación. En propiedades sen división horizontal é máis doado dispoñer de espazos comúns.
Otra opción es habilitar un corredor en planta baixa a través de locais dispoñibles. Isto pode dar lugar a vincular a intervención con alguha actividade comercial, como pode ser a simple obtención de luz ou vistas a través dese espazo, o seu uso parcial ou completo, ou a participación no aproveitamento das súas instalacións, se se produce captación de
auga ou enerxías renovables.
Existen experiencias nas que os locais comerciais de planta baixa son os que protagonizan a intervención por seren eles os que a activan.
Tamén existen experiencias de intervención en soares abandonados organizados por colectivos temporais de xestión para naturar eses espazos de oportunidade con solucións de diversa tipoloxía, como zonas axardinadas, hortos urbanos, acondicionamento de espazos de lecer confortables pero sempre coa premisa de seren solucións con baixa demanda de mantemento. Á posta en funcionamiento destas áreas en desuso cómprelle a participación da poboación local na súa execución e conservación contribuíndo á interacción social, ao benestar e á rexeneración natural destas zonas. Previamente será necesario xestionar a autorización da propiedade.
Máis aló dos seus beneficios directos a respecto da adaptación ao cambio climático, as intervencións en espazos abandonados, poden contribuir á seguridade nestas zonas e por tanto á redución do risco de criminalidade e aumentando o sentimento de pertenza nos barrios.
► As intervencións posibles en zonas comúns ou soares son:
• hortos comunitarios
• zonas verdes ou xardíns de lecer
• instalación de sistemas de sombreado
• instalación de paneis fotovoltaicos ou eólicos para aproveitamento da energía
• captación e almacenaxe de auga para uso comunitario
• acondicionamento de zonas comúns para usos de lecer, deportivos ou actividades económicas
• mellora de paramentos mediante sistemas de fachada verde en patio ou fachadas principais
• combinación de solucións ou usos mixtos
► Proceso tipo:
1. Exposición da proposta de ocupación ou intervención.
2. Identificación dos veciños interesados en cooperar.
3. Busca de financiamento, se cómpre. Se o uso tén certo carácter público pode negociarse co concello. Tamén pode interesar a algunha empresa como patrocinadora se esta pode rendibilizar o investimento.
4. Definición dos papeis na xestión do proceso:
• negociacións entre veciños interesados e non interesados
• trámites no concello, financiamento
• localización de técnicos para a elaboración da proposta
• xestión do mantemento
• regularización da situación legal da intervención mediante contrato, se cómpre
5. Planificación da rutina de reunións de organización, debate e avaliación do proceso
6. Redacción do proxecto de intervención por técnico habilitado
7. Execución da obra
8. Xestión do aproveitamento
9. Mantemento
Plano de catastro que amosa unha buena aproximación aos espazos non construidos dentro de quinteiros pechados. A Milagrosa. Lugo. Fonte: http://www.sedecatastro.gob.es/ Elaboración propia
Naturación de cuberta. http://www.cartademexico.com/
Horto urbano no hospital St. Charles Health Centre Kensington and Chelsea, Londres. www.agrohuerto.com
Intervencións a escala de rúa/barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
En función da solución adoptada emprégase o indicador correspondente a esa solución
Unidade
A da solución adoptada
Obxectivo mínimo
O da solución elixida
Obxectivo desexable
O da solución elixida
Nivel de Planeamento
Proxecto de construción
Proxecto de urbanización
Axentes implicados
Propietarios particulares
Asociacións
Equipo de deseño e planificación
Promotores inmobiliarios
Técnicos da Administración
POSIBLES ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN:
Estas actuacións poden promoverse desde a Administración ou desde colectivos independentes. Mais neste último caso, a Administración pode achegar medios técnicos, asesoramento
técnico ou financiamento.
• Elaboración dun inventario de patios ou zonas comúns aptas para a súa naturación mediante observación directa ou análise xeográfico da cartografía disponible.
QUÉ DEBEMOS TER EN CONTA PARA A SÚA EXECUCIÓN?
• Condicións de propiedade e posibles restricións normativas ou de carácter patrimonial.
• Establecemento de condicións de xestión e mantemento.