PC02 INTERVENCIÓN CIDADÁ NO ESPAZO PÚBLICO
Implantar solucións sustentables activando a concienciación colectiva
Obxectivo
Implicar os cidadáns nas estratexias sustentables urbanas fronte ao cambio climático. As intervencións poden estar relacionadas coa divulgación dos conceptos mediante actividades demostrativas, desenvolvemento dunha serie de obradoiros que levan ao cabo pequenas actuacións construídas e intervencións artísticas, patrimoniais ou socioculturales de baixo custe.
Por que?
As Solucións Urbanas Sustentables no son intervencións exclusivas da Administración ou dos axentes promotores. A mellora do espazo urbano para as persoas, desde colectivos, cooperativas, asociacións, dinamizadores sociais e/ou a través da colaboración municipal, mediante intervencións puntuais, facilita a participación, a implicación e retroalimenta
os procesos coas preferencias, necesidades ou demandas da poboación.
Proporcionan múltiples beneficios que poden ir alén do alcance e obxectivo de adaptación ao cambio climático para o que se deseñaron orixinalmente e ofrecer varios beneficios colaterais ligados á calidade ambiental, saúde e benestar, capacidade de rexeneración urbana ou mellora das condicións de habitabilidade.
Como?
O urbanismo participativo, no que os usuarios do espazo público teñen responsibilidades directas no seu deseño e xestión ofrece algunhas características especiais fronte ao proceso convencional:
• Desenvolvemento de ideas individuais.
• Compromisos a curto prazo e expectativas realistas
• Baixo risco, cun alto beneficio en termos de implicación e divulgación
• Desenvolvemento do capital social entre os cidadáns
• Creación de estruturas organizativas que ligan institucións públicas, colectivos ciudadanos e individuos.
Existen unha morea de experiencias de diferente enfoque e objetivo. Un modelo básico de procedemento é o que parte da iniciativa particular para transformar espazos públicos infrautilizado ou abandonados en lugares dedicados a actividades comunitarias de lecer ou actividades sustentables de baixo custo. Estas iniciativas buscan na Administración,
nas empresas ou outros colectivos, financiamento e outras formas de apoio, coma servizos de deseño. Este proceso básico axuda a simplificar procesos de tramitación e, asemade, constrúen lazos comunitarios e optimizan a xestión.
Un exemplo de implicación directa pola administración local pode ser Permis de Végétaliser (Permiso para plantar) do concello de París. Neste caso, a Administración convida ao seus habitantes para que se convirtan nos xardineiros dos seus barrios. Escollen espazos abertos preto do lugar onde viven, para que eles planten vexetación e fagan máis sustentable a súa contorna. Despois de escolleren o punto de plantación, deben solicitar unha licenza cunha vixencia de 3 anos renovables que lles permite plantar nos espazos públicos do seu barrio,
recibiren asesoramento técnico sobre as propias plantas que se deben plantar e como. Cada vez que o concello de París outorga unha licenza a un novo “xardineiro cidadán” entrégalle tamén un xogo de materiais e aveños e unha “carta de compromiso” que obriga a non usar pesticidas e a mirar polo mantemento das plantas e dos seus soportes.
Aproveitar eventos coma a Semana Europea da Mobilidade na rúa tamén poden ser exemplos de cooperación entre a Administración local e os cidadáns, para reinvindicar a cidade como escenario idóneo da mobilidade sustentable e, sobre todo, coma espazo público para a mestura e o intercambio social, a solidariedade, a cultura, o comercio, a estancia, a aprendizaxe e o xogo. A campaña European Mobilitiy Week dispón, ademais, de recursos que se poden usar en cada caso e adaptalos á metodoloxía propia.
Planimetría do evento “La calle es tuya” organizado desde varios colectivos de Granada aproveitando a Semana Europea da Mobilidade. Fonte: https://caminagranada.com/
Certame de Activación Socio-Cultural de Villena. Fonte: http://elfabricantedeespheras.com
Parking Day NYC. Fuente: https://nyc.streetsblog.org
Permiso para plantar. Ayuntamiento de Paris
INTERVENCIÓNS A ESCALA DE RÚA/BARRIO
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
O obxectivo é a aplicación de calquera das solucións
Elementos de medida
Indicador
Cantidade de intervencións
Unidad
Número de intervencións por barrio
Obxectivo mínimo
Unha por barrio
Obxectivo desexable
Unha por rúa
Método de medición / Formula
Rexistro de permisos
A: nº de intervencións/barrio
Nivel de Planeamento
Todos
Axentes implicados
Propietarios particulares
Asociacións
Expertos en participación pública
Técnicos da Administración
POSIBLES ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN:
Estas actuacións poden planificarse desde a Administración ou desde colectivos independentes. Mais neste último caso, a Administración pode achegar medios técnicos, asesoramento
técnico o financiación.