PC01 PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Xestión da participación dos cidadáns nos procesos de transformación urbanística
Obxecto
Garantir a influencia dos cidadáns na transformación da cidade.
¿Por que?
O urbanismo ecosistémico cómpre da colaboración estreita entre administracións, técnicos e cidadáns para aplicar políticas de sustentabilidade. A participación dos habitantes é unha condición indispensable para que poidan apropiase dela, identificarse e implicarse coas accións que comporta e se multiplique así o seu potencial transformador.
É unha constante no discurso sobre o desenvolvemento sustentable aludir á necesidade de evolución do modelo de democracia actual cara un novo sistema de democracia participativa que acada a súa máxima expresividade no eido municipal. A cidade é o espazo político por excelencia.
¿Como?
Aínda que na normativa urbanística xa se define a obriga do trámite de participación pública en determinados procesos, isto non garante a súa efectividade. A este respecto tamén se debe avaliar a operatividade do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lugo. É importante que a Administración actúe coma axente facilitador e permita a interacción ordenada entre os diferentes actores durante o proceso de participación: entidades, expertos, Administración ou cidadáns individuais. Para iso cómpre definir o obxectivo da participación e proporcionar un espazo a cada un, pero intercomunicados e non segregados.
As directrices que deben rexer os procesos resúmense en:
► Fomentar a transparencia administrativa
• Ofrecer acceso á información
• Crear canles para o flujo de información nos dous sentidos
► Favorecer a formación de los ciudadanos
• Elaborar materiais divulgativos específicos, cursos, obradoiros e debates de urbanismo
• Fomentar a educación e a sensibilización ambiental
► Integrar a participación no planeamento
• No proceso de diagnóstico e na toma de decisións estratéxicas
• Integrar as axendas 21 no planeamento
► Integrar todas as perspectivas sociais
• Avaliar especialmente a perspectiva de género
• Contar con outros colectivos vulnerables (anciáns, inmigrantes, desempregados)
Condicións, obxectivos e límites do proceso participativo:
• Hai que idear obxectivos que poidan percibirse coma resposta ao interese xeral, non para lexitimar intereses particulares nin como parte dun protocolo administrativo obrigatorio.
• Hai que formular os obxectivos para que se entenda a necesidade da corresponsabilidade, evitando o paternalismo: non se trata tanto de solicitar a opinión como a axuda.
• O que impulsa o proceso ten que convencer da capacidade e da vontade de cumprir os obxectivos expoñendo as metas que alcanzar e os medios para conseguirlo desde o principio.
Organización e loxística do proceso participativo
• Cómpre que os urbanistas e os técnicos especialistas en participación estean presentes desde o inicio nos procesos participativos, dialogando cos cidadáns desde esas primeiras etapas, para rachar coa desconfianza mutua inicial e para familiarizar os cidadáns nas particularidades do discurso urbano e a súa linguaxe.
• É altamente recomendable a celebración de sesións no lugar da intervención, especialmente cando se traballa en lugares vulnerables. É unha mostra de respecto e empatía coa poboación afectada.
• A boa elección da data e horario das convocatorias é imprescindible para asegurar a asistencia o que esixe coñecer as pautas culturais dos afectados.
• Considerando a necesidade de representar as propostas mediante planos e diagramas, cómpre escoller un grafismo que todos os participantes poidan comprender.
Os resultados do proceso: retorno e avaliación
• A devolución continua dos resultados parciais e finais dos procesos debe ser pública: non debe chegar só aos participantes no proceso, senón que todo cidadán poida ter acceso ao que se debatiíu ou consesuou en cada momento, aínda que se refira a aspectos sectoriais.
• Debe recoñecer expresamente o traballo de todos os participantes no proceso.
• Debe explicar cales son os seguintes pasos que dar, aclarando como darlle continuidade ao proceso.
• A fase de avaliación de resultados debe estar prevista desde el inicio e durante todo o proceso, vinculando os obxectivos a indicadores mensurables sempre que for posible.
• A autocrítica e a capacidade de aprendizaxe dos acertos e erros forma parte substancial do proceso de avaliación e todos os actores implicados teñen que asumirlos.
• Canto máis acertado sexa a diagniose inicial de desexos e necesidades e mellor se adapte á intervención a esa diagnose, máis dispostos estarán os cidadáns a aceptar e avaliar positivamente os resultados, aínda que non respondan exactamente ás súas expectativas.
elCASC. Villena. Fonte: http://elfabricantedeespheras.com
Workshop Smart-Cities /// Instituto Tecnológico de la cerámica Fuente: http://elfabricantedeespheras.com
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
O obxectivo é a aplicación de calquera das solucións
Elementos de medida
Indicador
1.- Existencia de canles de participación correctamente artellados, que permitan participar no proceso de toma de decisións sobre as intervencións na cidade.
2.- Número de persoas/entidades que participen no proceso
Unidade
1.- Existencia da canle de participación
2.- Número de persoas/entidades que participen noe proceso
Obxectivo mínimo
1.- Sí
2.- Segundo tipo de proxecto
Obxectivo desexable
1.- Sí
2.- Segundo tipo de proxecto
Método de medición / Fórmula
1.- Existencia sí/non
2.- Reconto
Nivel de Planeamento
Todos
Axentes implicados
Propietarios particulares
Asociacións
Especialistas en participación social
Equipo de deseño e planificación
Promotores inmobiliarios
Técnicos da Administración