EV06 NOIROS E MUROS VERDES
Incorporación da vexetación en formacións do terreo e muros que estabilizan pendentes
Obxectivo
A incorporación da vexetación nas formacións de terreo que estabilizan pendentes ofrecendo unha alternativa viable ás solucións construtivas inertes ordinarias (muros, estacadas, mallas de arame…) en función da dispoñibilidade de solo.
Por que?
O movemento de terras é un traballo básico, case que imprescindíbel en calquera intervención no medio urbano. Porén as modificacións topográficas adoitan requirir solucións específicas para a estabilización do solo. Esta situación convértese nunha oportunidade para a reintrodución do material vexetal no proceso de deseño e execución, asumindo incluso prestacións mecánicas. A presencia activa da vexetación nas solucións de estabilización actúa sobre diferentes aspectos:
►Paisaxísticas: A opción dun material vivo coma a vexetación fronte a outros inertes permite a integración das intervencións, e introducir no medio urbano elementos da paisaxe circundante.
►Conectividade ecolóxica: A continuidade da cuberta vexetal no medio urbano supón a principal vía de conexión ecolóxica no conxunto urbano.
►Ciclo hídrico: A vexetación nun noiro reduce a velocidade de escorrentía e intervén en procesos coma a intercepción de auga de choiva, o fluxo radicular, a evapotranspiración e a infiltración.
►Mecánica: A vexetación aumenta a fortaleza e competencia do solo no que se implanta, contribuíndo á súa estabilidade, tamén retén as partículas de solo minimizando os efectos da erosión.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: A cuberta vexetal produce a fixación de CO2 a través do proceso fotosintético.
►Economía: A estabilización de solo a través de materiais vivos ou combinados con outros materiais inertes é menos custosa que as solucións baseadas unicamente en materiais inertes, sempre en función da dispoñibilidade de espazo.
Ante a imposibilidade de implementar un noiro, o muro de gabión convértese nunha boa alternativa, xa que esta solución de estabilización actúa sobre estes aspectos:
►Paisaxísticas: Segundo a Guía de caracterización e integración paisaxística de valados de la Xunta de Galicia, o muro de gabión convértese nunha das mellores alternativas contemporáneas aos muros tradicionais de cachotería en xunta seca, xa que permite incorporar materiais pétreos da contorna.
►Conectividade ecolóxica: Sendo muros de xunta seca, este tipo de construción permite o acubillo no seu interior de pequenos insectos e anfibios, así como o crecemento de fungos, carriza e outras especies vexetais implantadas ou espontáneas contribuíndo á mellora da biodiversidade.
►Ciclo hídrico: Presentan unhas condicións de drenaxe e durabilidade excelentes; chegando a empregárense combinados en solucións específicas de infiltración. Permiten a intercepción da auga de choiva, do mesmo xeito que o fan os muros de cachotería seca.
►Mecánica: Son muros que traballan por gravidade, e grazas á súa boa adaptación ambiental e drenaxe son un dos sistemas de contención máis empregados, especialmente en solucións en solcalco ou escalonadas. Non precisan cimentos e son flexíbeis, son capaces de soportar asentos sen fracturarse.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: O seu uso basease na reutilización de subprodutos de actividades extractivas de materiais pétreos. Coma solución GUD requirirá o aproveitamento de materiais locais.
►Economía: Este tipo de muros son de fácil deseño e execución, non precisan man de obra especializada xa que a súa montaxe é rápida. Segundo a devandita Guía, trátase dunha técnica de baixo custe.
Empregaranse solucións de Estabilización Biotécnica (EB), Bioenxeñaría de Solo (BS) para a creación de noiros vexetados e os Muros de Gabión con ou sen vexetación.
INTERVENCIóNS A ESCALA DE rúa
SOBRE QUE ACTÚA
COMBINACIÓN CON OuTRAS SOLUCIóNS
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
Unidade
(I1) kg CO2 / ano
Obxectivo mínimo
(I1) O correspondente a cobertura de vexetación exclusivamente
herbácea (0,05 kg CO2/m²·ano)
Obxectivo desexable
(I1) O correspondente a cobertura de vexetación predominantemente
leñosa (1 kg CO2/m²·año)
Método de medición / Fórmula
(I1) CaCO2 (kg CO2·ano) = [A x B]
A: m² de cara de noiro vexetada e bermas
B: valor de absorción medio
(1 kg CO2/m²·ano en leñosas; 0,05 kg CO2/m²·ano en herbáceas)
Nivel de Planeamento
Proxectos de urbanización e obras ordinarias
Plans de reforma de espazo publico
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Equipas de arquitectura e enxeñería
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Cómpre fomentar a dispoñibilidade de material vexetal específico para o emprego de técnicas de bioenxeñaría.
• Creación dun sistema local de xestión residuos de materiais pétreos e formigóns para a súa reutilización coma recheo de gabións.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• Como punto de partida establecerase a conservación de solos e augas. No movemento de terras procurarase a menor destrución de solos e vexetación, así como o desvío de cursos de auga.
• As solucións de estabilización deben ser previamente xustificadas e calculadas.
• Para noiros de alta pendente requírese o deseño de bermas para a implantación de árbores. En noiros de grande pendente aconséllase plantar matogueiras para diminuír a forza do vento
• Os materiais vivos deberán recollerse preferentemente a partires de plantas autóctonas ou naturalizadas preto da área na que se vai actuar (o razoablemente cerca).
• Debe coidarse o aporte de solo na cara dos noiros (compactación e mellora, no seu caso).
• Cómpre realizar un control específico da fase de postimplantación da vexetación.
EXEMPLOS
ESQUEMA DE SOLUCIÓNS DE ESTABILIZACIÓN PARA NOIROS E MUROS VERDES