EV05 REVEXETACIÓN
Técnicas de naturación intensiva (greening)
Obxectivo
A creación de láminas vexetais adaptadas e con requirimentos de mantemento mínimo a través da naturación intensiva (greening).
Por que?
A naturación urbana consiste no fomento de espazos naturais mediante a recuperación da flora e fauna autóctonas, aumentando a biodiversidade. Nos derradeiros anos, existe unha meirande preocupación sobre os baleiros urbanos e a súa potencialidade na conectividade ecolóxica na Infraestrutura Verde Urbana. É por ilo que, independentemente da escala, véñense de realizar accións de naturación urbana que implican a implantación do material vexetal favorecendo las dinámicas naturais de colonización da vexetación espontánea propia dos terreos abandonados ou que sufriran perturbacións que eliminaran a cobertura vexetal previa. As prestacións pretendidas coa revexetación son:
►Paisaxísticas: As áreas de naturación intensiva poden formar parte dos baleiros urbanos, dos espazos en transición, incluso de xardíns consolidados sometidos a procesos de naturación (diversificación de estratos vexetais, aumento da biodiversidade, eliminación de especies exóticas e incorporación de especies autóctonas).
►Habitabilidade do espazo público: A vexetación, contribúe ao benestar psicolóxico e reduce o estrés. As superficies vexetadas que configuran estes espazos melloran a calidade visual das zonas nas que se insiren.
►Conectividade ecolóxica: A cuberta vexetal contribúe á creación de nodos (N) que poderán conectarse a través de rúas arboradas (Conectores, C) ou aneis verdes (Elementos Núcleo, EN). A incorporación este estrato favorece a presenza de entomofauna.
►Ciclo hídrico: A existencia de vexetación leva necesariamente asociada a presenza superficies permeábeis, propiciando a infiltración e reducindo a escorrentía.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: O sistema vexetal constitúe un elemento básico para a fixación de CO2 a través do proceso fotosintético. A vexetación contribúe á mitigación do fenómeno illa de calor ao ser un amortecedor eficaz e fixar partículas contaminantes.
► Cohesión social: A utilización dos baleiros urbanos por proxectos veciñais adoitan vir acompañados de procesos de naturación de espazos. Son espazos que complementan as áreas verdes consolidadas, contribuíndo á redución do estrés e á mellora da calidade ambiental; porén -a priori- son espazos non destinados a un uso social.
► IMPLANTACIÓN: Consistirá na actuación en espazos cunha extensión menor de 0,5 ha. Deberá disporse dunha capa de soporte de vexetación (preferentemente terra vexetal) nunca inferior a 15 cm.
A implantación da vexetación poderá realizarse artificialmente mediante sementeira (mestura de sementes nativas) e/ou plantación (exemplares individuais en alveolo forestal) mesmo favorecendo a colonización da vexetación espontánea sobre acolchados minerais de grixo (xardíns secos) ou soares.
As especies seleccionadas serán autóctonas (adaptación ao clima, solo, baixo mantemento, integradas nos procesos do ecosistema) e a súa orixe será de viveiros autorizados, preferentemente de produción local (co obxecto de asegurar xenotipos e fenotipos).
O proceso de sementeira poderá ser manual, mecanizada ou a través de hidrosementeira, dependerá da extensión da superficie a intervir e a pendente (noiros, orlas); as plantacións realizaranse seguindo marcos de plantación irregulares para proporcionaren un aspecto natural.
A época recomendada será o outono, preferentemente, e logo a primavera.
► MANTEMENTO: O mantemento irá orientado á consolidación da vexetación (principalmente o desenvolvemento do sistema radicular) e xa implantada, estableceranse diferentes tratamentos en función dos usos.
O obxectivo principal da xestión será definir frecuencia (1-2 voltas/ano), altura e época de seitura. Nos soares abandonados a xestión orientarase ao manexo da vexetación espontánea existente e/ou ao fomento da sementeira de especies nativas.
Jardins d’Éole Paris (plan. 2007, Michel Corajoud)
Espazo agrario en desuso (sucesión avanzada, estratificación consolidada)
O Carme – Regueiro dos Hortos, Lugo
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
Unidade
(I1) kg CO2 / ano
Obxectivo mínimo
(I1) O correspondente a cobertura de vexetación exclusivamente
herbácea (0,05 kg CO2/m²·ano)
Obxectivo desexable
(I1) O correspondente ao desenvolvemento máximo posible dentro
do proceso de sucesión vexetal.
Método de medición / Fórmula
(I1) CaCO2 (kg CO2·ano) = [A x B]
A: m² de superficie a actuar
B: valor de absorción medio
(1 kg CO2/m²·ano en leñosas; 0,05 kg CO2/m²·ano en herbáceas)
Nivel de Planeamento
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico
Reforma de espazos comunitarios
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Xestores de espazos naturais e recursos hídricos
Equipas de arquitectura e enxeñería
Asociacións e cooperativas
Comunidades de veciños
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Plan Director específico de cada espazo no marco dun Plan Director de Arborado Urbano coherente cos instrumentos de xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU)
• Creación dun órgano xestor coparticipado entre a administración actuante e as organizacións de representación veciñal
• Plan de reutilización de soares vacantes
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• A selección do tipo de vexetación acaerá ás condicións específicas de cada espazo (eficiencia, captación de contaminantes, flexibilidade, resiliencia e adaptación,…).
• Non se pode prescindir en ningún caso das demandas funcionais (espazo, infraestrutura e materiais) sobre e baixo superficie.
• A vida destes proxectos debe ter en conta o proceso de sucesión. O mantemento será continuo e constante, baseado nun profundo coñecemento das especies que se desenvolven e das dinámicas de colonización e competencia. Se o período de servizo é longo, será posible acadar altos niveis de estratificación. Se é curto, a xestión basearase na conservación de estadios iniciais (predominio de vexetación ruderal perenne). A colaboración dos usuarios é fundamental na concepción dos proxectos e no entendemento dos resultados formais e estéticos.
EXEMPLOS
Esquema de sucesión en espazos baleiros urbanos (‘brownfields’)