EV04 PARQUES DE PETO (POCKET GARDEN)
Espazos oasis no tecido urbano
Obxectivo
A introdución no tecido urbano de espazos oasis de pequeno tamaño e de grande calidade compositiva, que ofrezan unha alternativa de proximidade a actuacións lentas, complexas e de grande escala coma son os grandes parques e forestas urbanas.
Por que?
O concepto de parque de peto, ‘pocket garden’, emerxe a mediados do século XX no contexto anglosaxón coma resposta á xeneralización del parque xurdido baixo a planificación de posguerra. O parque preséntase coma un espazo volátil, algúns son referentes de barrios ou cidades, mais a meirande parte deles non o son; segundo Jane Jacobs (1989, Morte e Vida das Grandes Cidades Americanas) ‘demasiado amplos, demasiado numerosos, demasiado fúnebres, mal localizados e por tanto demasiado aburridos ou inapropiados para seren usados’. Esta situación é extrapolable ao urbanismo contemporáneo das cidades do noso entorno, se ben o que irrompe como modelo alternativo en América está presente de xeito natural nas tramas históricas das cidades europeas baixo a forma de pequenas prazas axardinadas. O parque de peto é entón unha actualización dun modelo pasado dende una óptica actual e aporta as seguintes vantaxes:
►Paisaxísticas: A calidade do hábitat urbano non se basea unicamente nas grandes actuacións, a presenza da pequena escala é fundamental para que o deseño poida ser controlado dende a adaptación a cada contexto urbano e social.
►Habitabilidade do espazo público: A vexetación, nomeadamente a presenza de arborado, contribúe ao benestar psicolóxico e reduce o estrés. En situacións próximas a equipamentos sanitarios poden converterse en espazos terapéuticos. As masas vexetais que configuran estes espazos poden actuar como pantallas e filtros acústicos, tamén formar proteccións contra o vento.
►Conectividade ecolóxica: A cuberta arbórea constitúe o principal estrato de conexión ecolóxica no conxunto urbano. A continuidade das copas facilita o movemento libre e a dispersión de fauna, principalmente avifauna e entomofauna.
►Ciclo hídrico: A existencia de vexetación obriga á presenza de superficie permeábeis, escava illada ou continua, propiciando a infiltración e reducindo a escorrentía.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: O sistema vexetal constitúe un elemento básico para a fixación de CO2 a través do proceso fotosintético. A vexetación contribúe á mitigación do fenómeno illa de calor ao ser un amortecedor eficaz e fixar partículas contaminantes.
► Cohesión social: Son espazos pensados para seren coxestionados, para a implicación dos seus usuarios no seu deseño, organización e mantemento.
Como?
Consistirá na incorporación de áreas vexetadas cunha extensión inferior a 0,5 ha, cunha cobertura foliar arbórea alomenos do 70% do espazo libre de edificacións (permitíndose variacións menores debido á profundidade do solo ou outros factores que impidan acadar esta porcentaxe), e que inclúe diversidade de estratos medios (arbustivo) e baixos (subarbustivo, herbáceo, rastreiro).
Mais no seu desenvolvemento, consideraranse procesos de participación no seu deseño, xestión e modificación, co fin de vencellar estes espazos aos seus usuarios e fomentar a sociabilidade neles.
Paley Park, Nueva York (plan. 1967, Zion and Breene Associates)
Xardín huerto de Orive, Córdoba (plan 2011, Rafael Luís García Castejón, Arquitecto e Jose Ignacio Montero Portabella)
INTERVENCIónS A ESCALA DE barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
Unidade
(I1) T CO2 / ano
Obxectivo mínimo
(I1) 21,6 T CO2/ha · ano (densidade mínima 270 árbores/ha)
Obxectivo desexable
(I1) O correspondente á densidade de árbores máxima posible en
función das características específicas do espazo.
Método de medición / Fórmula
(I1) CaCO2 (T CO2·ano) = [A x B]
A: número de árbores no espazo
B: valor de absorción medio (0,08 T CO2/árbore·ano)
Nivel de Planeamento
Planificación urbanística
Planes de reforma de espazo publico
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Equipas de arquitectura e enxeñería
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Plan Director de Arborado Urbano en coherencia cos instrumentos de xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU).
• Creación dun órgano xestor coparticipado entre administración actuante e as organizacións de representación veciñal.
• Plan de reutilización de soares vacantes.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• A selección do tipo de vexetación acaerá ás condicións específicas de cada espazo (eficiencia, captación de contaminantes, flexibilidade, resiliencia e adaptación,…).
• Non se pode prescindir en ningún caso das demandas funcionais (espazo, infraestrutura e materiais) sobre e baixo superficie.
• El factor tempo debe terse en conta na previsión dos resultados formais e estéticos. O obxectivo é manter un mínimo equilibrio entre a estrutura natural das árbores, a súa idade e o espazo
dispoñible. O mantemento posterior, nomeadamente a poda, influirá na consecución deste equilibrio.