EV02 FORESTA URBANA
Nodo principal no Sistema Primario de Infraestrutura Verde Urbana
Obxectivo
A creación dun nodo de Infraestrutura Verde Urbana (IVU) no que o material vexetal e o seu uso social adquiren especial relevancia, polo que debe conter os equipamentos necesarios para compatibilizar ámbolos dous aspectos.
Por que?
Dende a creación dos grandes parques urbanos no século XIX, a continua adición de zonas axardinadas case non marcou a paisaxe urbana das cidades. Esta desatención contrasta coa recente valoración dos sistemas naturais periurbanos e a conformación de grandes redes de espazos públicos conectados e de calidade ambiental. É por ilo que na actualidade vén de procederse á revisión dos modelos históricos dende unha óptica contemporánea. O interese ornamental e hixienista dos grandes parques mantense na potente imaxe das súas canopias
urbanas, mais os contidos programáticos teñen que ser actualizados conferindo aos novos espazos unha vocación democrática, revisionista e transformadora. Paradoxalmente algúns parques históricos teñen perdido esa faceta, pasando de ser escenarios dunha vida urbana activa a convertérense en referentes patrimoniais. As prestacións pretendidas polas forestas urbanas son:
►Paisaxísticas: A foresta urbana en tanto que revisión do modelos de parque urbano histórico aspira a converterse nun referente da paisaxe urbana contemporánea.
►Habitabilidade do espazo público: A vexetación, nomeadamente a presenza de arborado, contribúe ao benestar psicolóxico e reduce o estrés. En situacións próximas a equipamentos sanitarios poden converterse en espazos terapéuticos. As masas vexetais que configuran estes espazos poden actuar como pantallas e filtros acústicos, tamén formar proteccións contra o vento.
►Conectividade ecolóxica: A cuberta arbórea constitúe o principal estrato de conexión ecolóxica no conxunto urbano. A continuidade das copas facilita o movemento libre e a dispersión de fauna, principalmente avifauna e entomofauna. Doutra banda, a conectividade vertical queda asegurada pola la incorporación dos estratos intermedios e baixos.
►Ciclo hídrico: A existencia de vexetación obriga á presenza de superficies permeábeis, propiciando a infiltración e reducindo a escorrentía.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: O sistema vexetal constitúe un elemento básico para a fixación de CO2 a través do proceso fotosintético. A vexetación contribúe á mitigación do fenómeno illa de calor ao ser un amortecedor eficaz e fixar partículas contaminantes.
►Cohesión social: Son espazos pensados para seren coxestionados, para a implicación dos seus usuarios no seu deseño, organización e mantemento.
►Economía: A existencia de árbores e outros tipos de vexetación implica a xeración de ‘refugallo’ orgánico de calidade para a elaboración doutros produtos derivados coma o compost ou o mulch. As superficies de vexetadas permiten a incorporación destes produtos ao solo como mellora ou mecanismo de control de flora arvense. No caso de incorporaren especies comestibles, contribúen á produción de alimentos frescos e saudábeis a nivel local.
Como?
Consistirá na incorporación de áreas vexetadas cunha extensión superior a 0,5 ha, cunha cobertura foliar arbórea alomenos do 70% del espazo libre de edificacións (permitíndose variacións menores debido á profundidade do solo ou outro factores que impidan acadar esta porcentaxe), e que inclúe diversidade de estratos medios (arbustivo) e baixos (subarbustivo, herbáceo, rastreiro).
Mais no seu desenvolvemento, consideraranse procesos de participación no seu deseño, xestión e modificación, con fin de vencellar estes espazos aos seus usuarios e fomentar a sociabilidade neles.
Central Park, Nueva York (plan. 1857, F. Law Olmsted y Calvert Vaux)
Xardín da Fund.Gulbenkian, Lisboa (plan. 1963-69, A. Viana e G. Ribeiro Telles)
Plataforma cidadana Bosque Urbano, Málaga
Intervencións a escala de cidade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
Unidade
(I1) T CO2 / ano
Obxectivo mínimo
(I1) 24 T CO2/ha · ano (densidade mínima 160 árbores/ha)
Obxectivo desexable
(I1) O correspondente á densidade de árbores máxima posible en
función das características específicas do espazo.
Método de medición / Fórmula
(I1) CaCO2 (T CO2·ano) = [A x B]
A: número de árbores no espazo
B: valor de absorción medio (0,15 T CO2/árbore·ano)
Nivel de Planeamento
Planificación territorial
Planificación urbanística
Planes de xestión de recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Xestores de espazos naturais e recursos hídricos
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Plan Director específico de cada espazo no marco dun Plan Director de Arborado Urbano coherente cos instrumentos de xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU).
• Creación dun órgano xestor coparticipado entre administración actuante e as organizacións de representación veciñal.
• Creación dun viveiro e hortas comunitarias (foresta comestíbel).
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• As forestas urbanas son espazos concibidos para desenvolveren unha función ecosistémica complexa.
• No caso de desenvolver proxectos baseados na naturalización (‘greening’), incluso fomentando dinámicas naturais da vexetación, debe valorarse a conectividade con espazos naturais e
seminaturais.
• Cómpre coñecer o estado inicial, nomeadamente no referido ás condicións do terreo (calidade do solo: contaminación, acuíferos, ausencia de substrato…) e ás preexistencias ambientais
(vexetación, afloramentos rochosos, fauna…).
• Selección do tipo de vexetación acaída ás condicións climáticas e a especies locais.
• Require unha planificación espazo-temporal e un deseño acaído. O mantemento é fundamental.