EC05 AUTOMÓBILES COMPARTIDOS/ALQUILER
Dotacións públicas para favorecer a utilización de coches compartidos, de aluguer ou de alta ocupación
Obxectivo
Favorecer o uso eficiente dos diferentes modos de transporte fronte á propiedade. Reducir a pegada de carbono do uso do automóbil nas cidades.
Por qué?
As razóns para favorecer os sistemas de vehículos compartidos ou de aluguer vense claramente no gráfico que acompaña a este texto. Os custos medios anuais do uso dun automóbil para un fogar europeo ascenden a uns 9000 euros ao ano, incluíndo os custos por conxestión e as externalidades. Ao redor do 25% das emisións de gas invernadoiro en Europa son debidas ao transporte. Ao redor do 50% da superficie do espazo público nas cidades está dedicado ao automóbil, pero no momento de máis conxestión soamente está ocupado o 10%. O custo da conxestión pode chegar ao 2% do PIB en cidades grandes.
E todo iso para utilizar un modo de transporte que está parado o 92% do tempo, cuxo peso é ao redor de 12 veces o dos pasaxeiros que transporta e cuxos motores non converten en movemento máis do 20% do combustible. Isto tradúcese en que soamente un 2% da enerxía consumida dedícase efectivamente a mover persoas. Como se pode ver, o uso actual do automóbil en cidade dista moito de ser eficiente.
¿Cómo?
Tendo en conta o obxectivo principal desta medida, que é a optimización do uso do automóbil na cidade, e sempre despois de favorecer o uso doutros modos máis sustentables, hai varias formas nas que se pode actuar.
► Coche compartido ou Car Pooling
Xa funcionan múltiples plataformas que enlazan aos usuarios coa intención de aumentar a ocupación dos vehículos, sobre todo en viaxes entre cidades. Isto leva facendo de forma informal desde sempre, e unha medida útil é identificar as zonas de reunión para poder adoptar medidas que favorezan a intermodalidad en modos sustentables, tentando que as viaxes de primeira ou última milla non se fagan en automóbil. Algunhas medidas que se poden tomar desde os concellos son:
• Instalar paradas de transporte público cómodas e seguras nestas zonas, e que inclúan algún outro servizo como consignas, wifi, vending, etc, que faga a espera máis cómoda.
• Instalar guardabicis de forma que se favoreza a utilización de bicicletas para chegar ata esta zona, e así evitar a viaxe en automóbil de primeira ou última milla.
• Desenvolver aplicacións que permitan poñerse en contacto aos usuarios.
• Fomentar os plans de mobilidade de empresa e persoais en grandes centros de traballo para optimizar as viaxes dos empregados mediante este tipo de solucións.
► Vehículos eléctricos de aluguer
Os coches eléctricos, aínda tendo en conta que son unha solución menos sustentable que as bicicletas ou o transporte público, si é certo que son máis eficientes e menos contaminantes que os de combustión, polo que se debería incentivar o seu uso fronte estes últimos.
Esta medida consistiría en obrigar a dotar aos edificios ou barrios de zonas onde recargar vehículos eléctricos que se poderían utilizar mediante reserva. Esta medida podería funcionar tanto para os vehículos privados como para os de aluguer. Isto último podería realizarse da mesma forma que as bicicletas de aluguer, ben directamente polo concello ou por parte de compañías privadas.
Esta solución compleméntase perfectamente coa xestión integral do transporte público. A integración dos diferentes modos de transporte permite elixir en cada traxecto aquel que sexa máis eficiente.
Belmont Park-and-ride en Durham
Gardabicis seguros
Intervencións a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Primario: Redución emisión CO2 por paso de viaxes de vehículo privado a modos sustentables
Secundario: % de redución de viaxes en VP
Unidade
% de redución en VP → ∆g CO2
Obxectivo mínimo
5 % de redución de viaxes en vehículo privado
Obxectivo desexable
10 % de redución de viaxes en vehículo privado
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x B x C
A: % redución de viaxes en VP
B: Factor de emisión de CO2 de un vehículo privado (g CO2/km)
C: total de km recorridos
NIVEL DE PLANEAMENTO
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Promotores inmobiliarios
Comunidades de veciños
Asociacións e cooperativas
Propietarios particulares
Posibles actuacións impulsadas pola administración:
Fomento do uso compartido do automóvil entre ois seus traballadores