EC04 BICICLETAS E VMP COMPARTIDAS/ALUGUER
Dotacións públicas para favorecer a utilización de bicicletas e VMP de aluguer
Obxectivo
Reducir a pegada de carbono do uso da bicicleta na cidade ao optimizar o seu uso. Favorecer o uso da bicicleta e outros VMP nos traxectos de última milla e turísticos fronte ao automóbil. Animar a usuarios ocasionais que non necesitan unha bicicleta ou outro VMP a diario a utilizalos nalgúns dos seus traxectos. Aumentar a cobertura do transporte público.
Por qué?
As razóns que levan a propoñer este tipo de medidas son as mesmas que as esgrimidas noutras medidas deste catálogo relacionadas con modos de transporte sustentable. Pero este tipo de solucións, ademais, permiten reducir a pegada de carbono da fabricación destes vehículos.
Implantar sistemas de bicicletas ou outros VMP públicos ten varias vantaxes:
• Reduce a compra deste tipo de vehículos, optimizando o seu uso e reducindo a súa pegada de carbono.
• Incrementa o uso deste tipo de vehículos, converténdose nun catalizador para o uso da bicicleta ou outros modos, sempre que se tomen medidas para aumentar a seguridade dos usuarios.
• Engade unha opción máis de última milla, cun custo menor a outro tipo de transporte público.
• Pode contribuír ao incremento do uso do transporte público se se integran os dous sistemas, incrementando a súa cobertura.
• Reduce a conxestión.
• Permite xestionar a demanda de transporte, aumentando a accesibilidade.
• Aumenta o atractivo da cidade para o turismo.
• Crea oportunidades de publicidade e de imaxe de marca da cidade
• No caso da bicicleta: beneficios para a saúde.
• Crea empregos locais.
Cómo?
Como en todas as medidas que supoñan un cambio importante na cidade, é necesario un liderado político e un apoio amplo. Será necesario tomar medidas e realizar investimentos a longo prazo para que o sistema sexa eficiente. En calquera caso, o primeiro paso será marcar os obxectivos do sistema e realizar un estudo de viabilidade, xa que en función do tipo de sistema e de xestión, os resultados poden ser moi diferentes.
Tamén o tamaño da cidade inflúe moito na elección do sistema e a súa xestión.
Se o sistema baséase en estacións base, haberá que definir a rede de estacións, que deberán estar integradas cos demais sistemas de transporte. Se o sistema permite recoller e deixar as unidades en calquera lugar, será necesario exporse as condicións nas que as compañías poderán operar na cidade.
Para que un sistema teña éxito debe cumprir as seguintes condicións (ITDP, 2013):
• Unha rede densa de estacións, cunha distancia entre elas de 300 m.
• Vehículos cómodos, con elementos especiais que desincentiven o seu roubo ou revenda, así como antivandálicos.
• No caso de que utilice bases, un sistema completamente automático de fixación ás bases, que permita a súa retirada e entrega de forma cómoda e rápida.
• Un sistema de localización do vehículo que identifique tanto o vehículo como ao usuario.
• Xestión en tempo real da ocupación das estacións, recolocando as unidades cando sexa necesario.
• Información en tempo real en diferentes plataformas.
• Estrutura de prezos que incentive as viaxes curtas, de forma que se maximice o número de viaxes por unidade e día.
Clasificación dos VMP. Fonte: Dirección General de Tráfico
Os VMP clasifícanse en función da altura e dos ángulos perigosos que poidan provocar danos a unha persoa nun atropelo. Defínense como ángulos perigosos aqueles inferiores a 110° orientados en sentido de avance do VMP, ou verso o condutor ou pasaxeiros.
Intervencións a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución emisión CO2 por paso de viaxes en vehículo privado a bicicleta ou otro VMP
Unidade
% de viaxes en VP a bicicleta/VMP → ∆g CO2
Obxectivo mínimo
2 % de redución de viaxes en vehículo privado
Obxectivo desexable
6 % de redución de viaxes en vehículo privado
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x [B-C] x D
A: % de viaxes VP → Bici/VMP
B: Factor de emisión de CO2 de un vehículo privado (g CO2/km)
C: Factor de emisión de CO2 de una bici/VMP (g CO2/km)
D: total de km recorridos
NIVEL DE PLANEAMENTO
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
O posible uso abusivo do espazo público por parte destes vehículos parados.
Os sistemas Dockless poden provocar molestias a persoas con discapacidade se se ocupan as beirarrúas.
É necesario regular o uso dos VMP e a súa interferencia con itinerarios peonís.