EC02 SISTEMA DE REAPROVEITAMENTO DE REFUGALLO VERDE
Xestión do refugallo producido polo mantemento das zonas axardinadas
Obxectivo
O reciclado do refugallo producido no mantemento de zonas axardinadas a través da súa conversión en mulch e compost.
Por que?
Os traballos de mantemento das áreas axardinadas son quen de xerar unha grande cantidade de refugallo verde (green waste), todos eles provocados polo control da forma e o crecemento exercido polo home na adaptación ao medio urbano dun material vivo como é o vexetación. Estes residuos deben ser reutilizados nas mesmas áreas que nas que se producen, sexa en forma de triturado –mulch- ou agregado oxidado de diferentes materiais orgánicos -compost. O uso destes materiais é moi beneficioso na xardinería, e intervén nos seguintes parámetros:
►Ciclo hídrico e solo: O mulch evita a evaporación da auga nas capas superficiais do terreo e favorece a aireación, a estrutura do suelo (agregado das partículas do solo e protección contra a erosión) e co tempo, a drenaxe. O compost é un mellorante do solo, produce o incremento de materia orgánica e o secuestro de CO2, a redución do emprego de turba como substrato e o aumento da porosidade do solo, diminúe o risco de erosión e perda de humidade.
►Biodiversidade: Ámbolos dous produtos incrementan amicrofauna útil para a vida do solo (pedofauna). Os acolchados de mulch conforman bos hábitats para insectos en medio urbano.
►Protección das raíces fronte a temperaturas extremas: O mulch actúa como acumulador natural da temperatura superficial e protector fronte as xeadas. O compost, a través da aportación significativa de materia orgánica, permite o control global da temperatura edáfica.
►Metabolismo urbano: Ámbolos dous productos están concibidos para reintroduciren materia orgánica no suelo. A través da acción antrópica procúrase reproducir e acelerar procesos naturais coma os de descomposición, oxidación, polimerización, humificación e mineralización.
► Economía: Ámbolos dous produtos posúen canles de venda no caso de xeraranse excedentes (sacas de substrato, mulch ou outros derivados de biomasa). A xestión pública pode facerse cargo do residuos privados a través do emprego verde.
Como?
Establecendo un sistema de aproveitamento de refugallo verde (green waste) que permita a súa reincorporación ao solo como materia orgánica. Este sistema aplicarase das seguintes formas:
► Seca, en mulch, coma coberturas mortas dos restos de poda (recoméndase tamén a recollida de restos de colleitas na zona agraria periurbana, seitura de pasteiros, limpas…).
► Procesada, en forma de compost.
Este sistema aplicarase en refugallo non contaminado, ausente de produtos fitosanitarios. A valoración e clasificación do refugallo é unha operación moi importante: a aplicación en forma de mulch é máis sensíbel ás condicións orixinais do material; na compostaxe -durante a fase termofílica- pódense destruir bacterias patóxenas e parasitos presentes no refugallo de partida. Desaconséllase o emprego de resto de poda de especies que posúan fitotoxicidade ou un contido en fibra moi alto (palmeiras).
A pesares de que nalgúns espazos xestionados como áreas seminaturalizadas, o refugallo poida biodegradar espontaneamente, na meirande parte do espazo público (parques, prazas…) cómpre retirar cantidades importantes. As follas poden crear problemas no uso do espazo (seguridade). Os arbustos, as camas de vivaces e anuais, os exemplares senescentes e moribundos son quen de xerar un volume substancial de refugallo.
De seguido móstrase un esquema de reutilización de refugallo verde (green waste), o mix é orientativo:
Esquema de planta de compostaxe. Agència de Residus de Catalunya.
Kensington Gardens, Londres. Planta integrada en parque histórico para o tratamento de refugallo verde.
INTERVENCIÓNS A ESCALA DE CIDADE
SOBRE QUE ACTÚA
COMBINACIÓN CON OUTRAS SOLUCIÓNS
ELEMENTOS DE MEDIDA
Indicador
Reintegración no sistema de espazo libres de refugallo verde non contaminado producido (RvR)
Unidad
%
Obxectivo mínimo
80% do refugallo verde non contaminado producido.
Obxectivo desxeable
100% do refugallo verde non contaminados producido
(eliminación da aplicación de abonos químicos e turbas)
Método de medición / Formula
RvR (%) = [A / B]
A: Volume de refugallo verde non contaminado tratado e reintroducido no sistema de espazos libres.
B: Volume de refugallo verde non contaminados producido (referencia espazos libres públicos de 9 a 35 m³ / ha·ano)
Nivel de Planeamento
Planificación da xestión de espazos verdes urbanos
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Xestores de espazos naturais ou recursos hídricos
Xestores de mantemento de espazos verdes urbanos
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Integración da xestión dos residuos verdes nos Plans Directores para a xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU)
• Coordinación cos organismos de prevención e xestión de residuos urbanos.
• Creación dunha rede de distribución y venta do excedente de produto.
• Accións de comunicación e concienciación.
• Eliminación da aplicación de abonos químicos e turbas.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• Cómpre contar cunha planta de tratamento específica para residuos verdes que debería estar instalada nalgún espazo da Infraestrutura Verde Urbana.
• Os custes de instalación deste tipo de plantas son elevados, mais rendíbeis no longo prazo.
• As técnicas máis sinxelas e menos custosas requiren unha meirande dispoñibilidade de espazo (fieiras ou pías de volteo fronte a reactores verticais)
• O tratamento de residuos verdes forma parte da xestión integrada da vexetación urbana, asumindo modelos de mantemento sostíbeis.