AG13 DEPURACIÓN DAS ESCORRENTÍAS EN CONECTORES FLUVIAIS/CURSOS DE AUGA
Incorporación aos conectores fluviais dun espazo amortecedor
Obxectivo
A retención, sedimentación e depuración dos sólidos e contaminantes procedentes das escorrentías urbanas, a agricultura e a gandería antes de chegaren aos leitos naturais.
Por qué?
Para melloraren a calidade dos ríos urbanos e das súas chairas de asolagamento. Favorecendo a biodiversidade e ampliando o patrimonio natural del municipio.
► Principais beneficios:
• A regulación do ciclo hidrolóxico.
• A mellora da adaptación ao cambio climático, mellorando o control de asolagamento.
• A prevención da contaminación das augas superficiais e subterráneas, reducindo os efectos da contaminación difusa e mellorando a calidade da auga.
• O incremento da biodiversidade.
• A mellora da calidade do solo.
• A mellora dos ecosistemas fluviais.
• O aumento da biodiversidade e a conectividade ecolóxica.
• A mellora da percepción da paisaxe e das relacións cidade-río.
Cómo?
A través da inserción dun espazo amortecedor ao longo dos leitos principais, que supoña a súa re-naturalización na contorna urbana. Estará formado por unha sucesión de bandas dende o leito, de vexetación riparia e especies propias das contornas fluviais námbalas dúas ribeiras que filtrarán a auga das escorrentías urbanas, a modo de “riles”.
A zona de policía amplía o largo do Dominio Público Hidráulico cunha banda de 100 m a cada beira, nas que están condicionadas as actividades e os usos do solo. Nela favorecerase a reforestación e o acolchado natural do solo, creando un amplo espazo amortecedor das escorrentías, que a modo de “esponxa” reteña, filtre e infiltre no subsolo a auga depurada.
Dentro do leito, nos leitos secundarios e nas liñas de escorrentía facilitarase a naturalización a través da inserción de filtros verdes e zonas húmidas artificiais que recreen os sistemas naturais fluviais ampliando a zona de amortecemento ata a chaira de asolagamento para un período de retorno de 500 anos.
ESQUEMA DE ELEMENTOS DE RETENCIÓN E DEPURACIÓN DE ESCORRENTÍAS URBANA AO LONGO DOS CONECTORES FLUVIAIS
Buffer – zona de amortecemento do Rondout Creek, Accord, NY. Fonte: https://www.clearwater.org/green-cities/watershedmanagement/rondout-creek-watershed-council/
Shanghai Houtan Park: Landscape as a Living System, sistema de zona húmida en terrazas. Fonte: https://www.asla.org/2010awards/006.html
Exemplo dunha zona húmida integrada nun parque urbano como sistema de xestión das escorrentías contaminadas no terreo pola actividade industrial. Fonte: http://www.hargreaves.com/work/chattanooga-renaissance-park/
Intervencións a escala de cidade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución do consumo enerxético por m³que se evitan na EDAR (ΔCE)
Indicador Secundario
Calidade das masas de auga superficiais e subterráneas
Unidade
m² de espazos amortecedores→ ΔCE
Obxectivo mínimo
Depurar o 100% das augas residuais
Cumprimento da calidade da auga marcado pola normativa
Obxectivo desexable
Depurar o 100% das augas residuais
Acadalo verquido cero de augas contaminadas no medio natural
Método de medición / Fórmula
∆CE: [ A x B]
A: m³ (filtrados ou depurados). Depende da solución
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planeamento xeral municipal e ordenación do territorio
Planeamento supramunicipal, agrícola e de recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, agrícolas, etc.
Empresas de mantemento, infraestruturas, refugallo, etc.
Equipa de deseño e planificación
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
O deslinde do dominio público hidráulico por parte da confederación hidrográfica.
A adquisición dos terreos necesarios ao longo do leito, asegurando como mínimo o espazo establecido como dominio público hidráulico e la zona de policía.
A cartografía das liñas de escorrentía e puntos de verquido no leito de augas residuais urbanas e naturais na bacía.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
O réxime hídrico.
Os plans de bacía.
As chairas de asolagamento (ordinarias, aos 100 anos e aos 500)
O tipo de contaminantes.