AG12 ZONAS DE RETENCIÓN E INFILTRACIÓN
Incorporación na rede de espazos naturais de actuacións na paisaxe que favorezan a retención e infiltración da auga
Obxectivo
Favorecer a meirande infiltración das augas de escorrentía naquelas zonas permeábeis, coma solos agrícolas ou forestais periurbanos, conectores fluviais e grandes parques.
Por qué?
Para mitigaren os efectos do cambio climático, aumentando a capacidade de resiliencia do territorio fronte aos desequilibrios hídricos (aumento dos períodos de seca e a das choivas torrenciais), minimizando os riscos de erosión, a contaminación do subsolo e o malgasto de recursos de recursos enerxéticos e hídricos. A progresiva degradación e diminución das reservas de auga doce a nivel mundial, fai necesario tomar medidas que favorezan o aumento da calidade e a cantidade dos recursos hídricos dispoñíbeis. A transformación dos espazos públicos e os conectores fluviais e naturais en lugares de captación e almacenaxe das escorrentías, ten unha alta incidencia en:
►A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais.
►A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa.
►A mellora da paisaxe.
► O aumento da biodiversidade e a conectividade ecolóxica.
►A mellora da calidade da terra e das augas subterráneas so terreo.
Cómo?
A xestión da auga superficial é obrigada no casos que a erosión da auga é quen de converterse nun risco e onde se requira o control do seu fluxo por erosión dos fondos dos leitos e das ribeiras.
A recolleita da auga nos terreos agrícolas ou caeiras periurbanas, pode formar parte dun programa de protección contra a erosión dos solos, os acuíferos e la mellora da calidade da paisaxe.
ACTUACIÓNS NA PAISAXE A TRAVÉS DO MOVEMENTO DE TERRAS PARA O CONTROL DE AUGAS SUPERFICIAIS Fonte: https://www.agric.wa.gov.au/water-erosion/surface-water-management
CAPTACIÓN E ALMACENAMENTO DE AUGA DE CHOIVA: OPCIÓNS E TÉCNICAS PARA A AGRICULTURA E A ENXEÑARÍA FORESTAL. Fonte: Ver exemplos
Intervenciónes a escala de cidade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución do consumo enerxético por m3 que se sacan da EDAR (∆CE)
Indicador Secundario
Autosuficiencia Hídrica
Unidad
m2 de superficie de retención en espazo publico e natural → ∆CE
Obxectivo mínimo
I1: >60% de m2
I2: 5% Disminución do volume de auga facturada
50% AH para usos non consuntivos
Obxectivo deseable
I1: >95 % de m2
I2: 15% Disminución do volume de auga facturada
>50% AH para usos non consuntivos
Método de medición / Fórmula
∆CE: [ A x B]
A: m3 de auga depurada
B: Consumo enerxético en MWh por cada m3 tratado na EDAR
AH (%): [A / B] x 100
A: potencial recollida pluviales
B: consumo auga total por habitante
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planeamento xeral municipal e ordenación do territorio
Planeamento supramunicipal, agrícola e de recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, agrícolas, etc.
Empresas de mantemento, infraestruturas, refugallo, etc.
Equipa de paisaxe e planificación
Enxeñarías agrícolas e forestais
Posibles actuaciones impulsadas por la administración:
Bonificacións sociais e/ou económicas para favorecela súa implantación.
¿Qué debemos tener en cueNta para su implementación?
O réxime de precipitacións e os caudais dos cursos de auga.
As características físicas do terreo.
A altura do nivel freático.
As necesidades de rego dos cultivos e plantacións.
Para a súa implantación é imprescindíbel un terreo permeábel.
Poden usarse en rede, conectados entre si e/ou a grandes áreas de drenaxe. Non é convinte utilizalos en zonas con solos contaminados, pois producirían unha difusión do refugallo ou substancias nocivas.
As súas dimensións dependerán da capacidade filtrante do solo e das características pluviométricas do lugar.