AG11 ZONAS DE ALMACENAMENTO DE AUGA
Incorporación na rede de espazos públicos e naturais de elementos para o almacenamento temporal ou permanente de pluviais
Obxectivo
O Concello de Lugo dispón de elementos naturais (ríos, regatos, estanques, zonas húmidas, etc.) que poden incrementala capacidade de captación e almacenamento de auga, engrandecendo o patrimonio natural municipal ao re-naturalizaren os seu leitos e/ou vencellaren o almacenamento de auga á rede de espazos públicos e o seu deseño futuro.
Por qué?
Para mitigaren os efectos do cambio climático, aumentando a capacidade de resiliencia do territorio fronte aos desequilibrios hídricos (aumento dos períodos de seca e a das choivas torrenciais), minimizando os riscos de erosión, a contaminación do subsolo e o malgasto de recursos de recursos enerxéticos e hídricos.
A progresiva degradación e diminución das reservas de auga doce a nivel mundial, fai necesario tomar medidas que favorezan o aumento da calidade e a cantidade dos recursos hídricos dispoñíbeis.
A transformación dos espazos públicos e os conectores fluviais e naturais en lugares de captación e almacenaxe das escorrentías, ten unha alta incidencia en:
• A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais.
• A redución do consumo enerxético ao deixaren de verquer sobre as redes de sumidoiros o volume de auga acumulada, diminuíndo os caudais que haberán de evacuarse e depurarse.
• A integración do tratamento das augas de choiva na paisaxe urbana.
• A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa.
Cómo?
► 01 XESTIÓN DAS MASAS DE AUGA EXISTENTE (ríos, estanques, etc.)
Consiste en propor a restauración de masas de auga existentes, a recuperación de ecosistemas naturais degradados ou desaparecidos e/ou a creación doutros novos.
A través de:
•Restauración das ribeiras fluviais e recuperación dos sistemas riparios.
•Recuperación dos cursos naturais: apertura de leitos entubados, eliminación de obras de canalización ou barreras físicas, encoros, etc. (“restituír os ríos ao seu espazo natural”)
•Deslindar as zonas inundábeis dos leitos, controlando as chairas de asolagamento, como medida de control, é dicir, xestionando o risco. Non se trata de que nada se asolague, senón de que o faga de xeito controlado, onde menor dano produza e onde se xeren os meirandes beneficios ambientais.
• Modificacións topográficas que permitan valorizar a xeografía existente coma lugares deprimidos, pequenas valgadas, etc. coma lugares de almacenamento de escorrentías (cordóns verdes vencellados a leitos, balsas de laminación, áreas de biorretención, etc.)
► 02 PLANIFICALO ESPAZO PÚBLICO E A REGULACIÓN DO CICLO DA AUGA DE XEITO CONXUNTO
Redeseñar a rede de espazos públicos da cidade, vencellando o seu deseño e xestión á regulación do ciclo da auga.
► 03 DISEÑAR UNHA REDE DE DEPÓSITOS SUPERFICIALES
(TEMPORALES Y PERMANENTES)
Os parques urbanos e periurbanos, as pistas deportivas, os xardíns, etc. son lugares axeitados para propor un almacenamento temporal ou permanente de auga, debido ás súa dimensións, titularidade pública e sistema de mantemento.
•Estanques
•Balsas de laminación
► 04 DISEÑAR UNHA REDE DE DEPÓSITOS SOTERRADOS
Para o almacenamento e re-utilización da auga de choiva, formado por estruturas pechadas nas que se almacena a auga captada nos espazos comúns, permeábeis o impermeábeis.
Admiten multitude de deseños e materiais, a partires do seu dimensionado en función da precipitación media da zona na que se empracen. Algúns poden mellorar a calidade da auga mediante sistemas de filtración/depuración, ou implementárense cun control do inicio de enchido (los 10 primeiros minutos de choiva non se acumulan, limpando a superficie captadora de contaminantes).
PROXECTO URBANO/PAISXÍSTICO E PLAN ESTRATÉXICO DE PREVENCIÓN DE ASOLGAMENTO A TRAVÉS DE ACTUACIÓNS DE XESTIÓN DA AUGA E RESTAURACIÓN DE RÍOS NA CONTORNA PERIURBANA DE KJØRBEKKDALEN, SKIEN.Fonte: Celia Martínez Hidalgo e Marja Skotheim Folde, Skien Kommune, Noruega.
EXEMPLOS DE DEPÓSITOS SUPERFICIAIS E SOTERRADOS (TEMPORAIS E PERMANENTES) VENCELLADOS Á REDE DE ESPAZOS PÚBLICOS:
Pistas de Skate en Roskilde, Dinamarca
White balance – COP15, SLA
Nørresundby Urban Garden, SLA
Intervencións a escala de cidade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por m³ que se evitan da EDAR (ΔCE)
Indicador Secundario
Autosuficiencia Hídrica
Unidade
m²de superficie de retención no espazo público e natural → ΔCE
Obxectivo mínimo
I1: >60% de m2
I2: 5% Diminución do volume de auga facturada
50% AH para usos no consuntivos
Obxectivo desexable
I1: >95 % de m2
I2: 15% Diminución do volume de auga facturada
>50% AH para usos non consuntivos
Método de medición / Fórmula
∆CE: [ A x B]
A: m³ de auga depurada
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
AH (%): [A / B] x 100
A: potencial recollida de pluviais
B: consumo auga total por habitante
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planeamento xeral municipal e ordenación do territorio
Planeamento supramunicipal e de recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local e provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
Empresas de mantemento, infraestruturas, refugallo, etc.
Equipa de paisaxe e planificación
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
A cartografía da rede de espazos naturais (Ramsar, Reserva da Biosfera, etc.)
A cartografía da rede de espazos públicos con capacidade de almacenamento: parques periurbanos, zonas asolagábeis dos leitos urbanos, grandes parques urbanos ou zonas de arboredo, pistas deportivas, etc.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
O réxime hídrico da zona,
As características do subsolo.
A coordinación coas políticas e plans da Confederación Hidrográfica.
A calidade das augas superficiais e as posíbeis fontes de contaminación.
A existencia de cautelas ambientais respecto da flora e fauna.
Cómpre afrontar tarefas de mantemento e limpeza dos leitos.
O alto custe inicial derivado da adquisición de terreos, da realización de informes técnicos ou a necesidade de obras de enxeñaría hidráulica.
Conflitos entre usos e políticas sectoriais (Plans hidrolóxicos, PXOM, etc.)