AG10 SISTEMAS COMUNITARIOS DE DEPURACIÓN
Incorporación non espazos comunitarios de elementos de retención e depuración da auga de choiva
Obxectivo
A incorporación, ben nos procesos de creación de conxuntos residenciais, ben nos de remodelación de barrios e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos capaces de reter e infiltrar a auga de choiva no terreo.
Por qué?
► Reducen os risco de asolagamento, ao diminuíren os volume de escorrentía.
► Aumentan os recursos hídricos do a través da infiltración, e melloran a súa calidade, evitando a contaminación dos acuíferos.
► Axudan a recuperar, aumentar ou crear ecosistemas e hábitats, favorecendo a biodiversidade.
► Melloran a paisaxe urbana, aumentando o valor das áreas onde se insiren.
Cómo?
01 DEPURADORAS BIOLÓXICAS (FITODEPURACIÓN): Filtros verde ou zonas húmidas artificiais
Trátase de sistemas de depuración natural tanto de augas de escorrentía coma de saneamento de pequenos conxuntos residenciais ou cámpings (< 2000 hab) e de efluentes de instalacións coma depuradoras, instalacións gandeiras, adegas, etc., baseados no “rego”. En función da dirección da auga poden ser verticais ou horizontais, mais en función do substrato e a vexetación veñen de clasificarse: de fluxo superficial e horizontal, con macrofitas en flotación e especies flotantes, ou de fluxo sub-superficial
02 ZONAS HÚMIDAS
Son depresións no terreo ou encoros pouco profundos, cubertos de vexetación acuática cunha lámina de auga permanente. Deséñanse para reteren temporalmente a auga pluvial, permitindo a sedimentación dos sólidos en suspensión e a eliminación de contaminantes por acción da vexetación (entre un 60-90% dos contaminantes).
A súa alta capacidade infiltración fainas axeitadas para lugares onde se producen grandes volumes de escorrentía. Poden integrarse tanto en novos desenvolvementos coma en contornas urbanas.
► LISTAXE DE PLANTAS ACUATICAS:
MACROFITAS EMERXENTES
• Typha spp. (Familia Typhaceae)
• Phragmites australis (Cav.) Trin. ex Steudel (= P. communis Trin.)
XUNCOS: SCIRPUS SPP
• Scirpus lacustris L. (buño ou antela)
• Scirpus holoschoenus L. (buño forte)
• Scirpus validus Vah. (= Schoenoplectus tabernaemontani (C.C. Gmelin) Palla) (buño xigante)
PLANTAS FLOTANTES
• Eichhcornia crassipes (Martius) Solms (xacinto de auga)
• Lemna spp. (lentella de auga)
ESQUEMA DE ZONA HÚMIDA ARTIFICIAL E DEPURADORAS BIOLÓXICAS
BARRIO ECOLÓXiCO DE ENSJØBYEN: ESQUEMA DO SISTEMA DE CAPTACIÓN E DEPURACIÓN DE AGUGA POR ZONAS HÚMIDAS EN TIEDEMANNSPARKEN, OSLO
DOUS EXEMPLOS DE ZONAS HÚMIDAS ARTIFICIAIS, UN NUNHA ROTONDA EN NASCAR E OUTRO NA ADEGA PAZO DE SEÑORÁNS, A CORUÑA
O primeiro caso é un depósito de detención superficial onde o pasteiro vén de realizar a depuración das escorrentías. No segundo caso, a depuradora consiste nun dixestor anaerobio, unha zona húmida de fluxo subsuperficial vertical e 3 zonas húmidas de fluxo subsuperficial horizontal en paralelo. Fonte: http://sedaqua.com
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por m³ que se evitan da EDAR (ΔCE)
Indicador Secundario
Calidade das masas de auga superficiais e subterráneas
Unidade
m³ de auga depurada anual→ ΔCE
Obxectivo mínimo
Depuralo 100% das augas residuais
Cumprimento da calidade de auga marcados por normativa
Obxectivo desexable
Depurar o 100% das augas residuais
Acadar o verquido de augas contaminadas no medio natural
Método de medición / Fórmula
∆CE: [ A x B]
A: m³ de auga depurada
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Plan Parcial
Reforma de espazos comunitarios
Plans especiais (Campus universitarios, centros hospitalarios, etc.)
Axentes implicados
Comunidades de veciños
Asociacións e cooperativas
Promotores inmobiliarios
Empresas de mantemento, infraestruturas, refugallo, etc.
Equipas de deseño e planificación
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Listaxe de contaminante e asesoramento de plantas para depuración.
Volume de augas residuais hab./ día
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
Recoméndase asegurar a presenza dunha lámina de auga de forma permanente e dun caudal constante que asegure o bo estado da vexetación. Este caudal en ocasións pode proceder doutros sistemas DUS ou do efluente dunha EDAR.
Precísanse velocidades de escorrentía baixas, para dispo de tempo suficiente para a súa depuración e infiltración.
En 24 horas desaloxarase o 100% da auga de escorrentía, cómpre prever no deseño un aliviadoiro coma sistema de seguridade.
O mantemento debe garantir a eliminación de sólidos, a limpeza regular da entrada e saída do sistema e o control da vexetación.