AG09 SISTEMAS COMUNITARIOS DE INFILTRACIÓN
Incorporación nos espazos comunitarios de elementos de retención e infiltración da auga de choiva
Obxectivo
A incorporación, ben nos procesos de creación de conxuntos residenciais, ben nos de remodelación de barrios e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos capaces de reter e infiltrala auga de choiva no terreo.
Por qué?
Para mitigaren, dende os procesos de creación ou remodelación urbana, os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o malgasto de recursos enerxéticos e hídricos. Fornecen os seguintes beneficios:
►A mellora do confort ambiental, regulando a temperatura e a humidade ambiente, e reducindo o efecto illa de calor debido á evaporación da auga acumulada no subsolo.
►A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais.
►A redución dos volumes de escorrentía e caudais punta que terminan na rede sumidoiros e na estación depuradora, e evitala sobrecarga da infraestrutura de saneamento.
►A integración do tratamento das augas de choiva na paisaxe urbana.
►A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa.
►A mellora da saúde da vexetación urbana.
►A xeración de beneficios sociais ao creárense espazos de xuntanza e lecer atractivos.
Cómo?
Trátase de transformar a recollida de pluviais actual, que procura a rápida evacuación das escorrentías urbanas a través dun sistema de superficies impermeábeis e embornais conectados ás cloacas, por un sistema que reteña a auga das escorrentías urbanas a través dunha batería de elementos baseados na natureza, que de traballaren xuntamente poidan acadala infiltración de volumes importantes de auga no subsolo.
Amais dos elementos e técnicas desenvolvidas na AG06, existen outras dúas estruturas que debido ás súas grandes dimensións son indicados para espazos comunitarios de zonas residenciais, polígonos industriais ou tecnolóxicos, zonas educativas ou sanitarias, complexos de lecer e turismo, parques e zonas verdes, etc.:
01 ESTANQUES DE RETENCIÓN
Zona de retención e almacenamento de auga para a súa infiltración, formado por lagoas artificiais con lámina permanente de auga e vexetación, tanto aérea coma acuática.
02 DEPÓSITOS DE INFILTRACIÓN
Son depresións no terreo ou encoros pouco profundos, pechados e de forma irregular, emprazados en terreos permeábeis. Deséñanse para almacenar temporalmente, depurar e infiltrar gradualmente a escorrentía de choiva de superficies próximas impermeábeis. Adoitan construírse con sistemas xeocelulares de alta resistencia, ou módulos de material plástico cun alto índice de ocos, formado por sistemas compactos ou pola acumulación de compoñentes modulares, capaces de soportalo tráfico rodado. Se están cubertos de vexetación, está deberá de soportalo enchoupamento.
Esquema de elementos de retención e infiltración de auga en espazos comunitarios
Estanques de retención do Parque Joan Revéntos e depósitos de infiltración do Parque de las Rieras de Horta.
Fonte: Gestión Urbanística, Ayuntamiento de Barcelona, SOTO FERNÁNDEZ, R. (2016).
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por infiltración ou captación da auga de choiva (ΔCE)
Indicador Secundario
% de pavimento permeábel na rúa
Unidade
m² de pavimento permeábel na rúa → ΔCE
Obxectivo mínimo
>60% de m2
Obxectivo desexable
>95% de m2
Método de medición / Fórmula
∆CE: [ A x B]
A: m³ (infiltrados ou captados). Depende da solución
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación urbanística
Plan Parcial
Reforma de espazos comunitarios
Plans especiais (Campus universitarios, centros hospitalarios, etc.)
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
Comunidades de veciños
Asociacións e cooperativas
Promotores inmobiliarios
Empresas de mantemento, infraestruturas, refugallo, etc.
Equipas de deseño e planificación
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Realización dunha cartografía dos solos dispoñíbeis con alta capacidade de infiltración.
Ferramentas de cálculo dos volumes de captación e recepción
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
A presenza de servizos soterrados, como fibra óptica, cables eléctricos e telefónicos, ou canos de drenaxe.
Mantemento de limpeza do espazo comunitario.
A permeabilidade do solo, recomendándose a realización dos ensaios xeotécnicos pertinentes que comproben a súa capacidade filtrante.
Non se recomenda o seu uso en solos inestábeis ou zonas con risco de contaminación (industria, etc.)
Cómpre verificar se o nivel freático está cando menos 1,2 m por baixo da base do sistema.