AG06 INFILTRACIÓN DE AUGA NA RÚA
Incorporación nos procesos de urbanización de elementos de retención e infiltración da auga de choiva
Objetivo
A incorporación, ben nos procesos de nova urbanización, ben nos de remodelación de rúas e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos de retención e infiltración de pluviais.
¿Por qué?
Para mitigaren, dende os procesos de creación ou remodelación urbana, os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o malgasto de recursos enerxéticos e hídricos. Fornecen os seguintes beneficios:
► A mellora do confort ambiental, regulando a temperatura e a humidade ambiente, e reducindo o efecto illa de calor debido á evaporación da auga acumulada no subsolo.
► A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais, aumentando o grao de resiliencia do terreo, evitando procesos de erosión.
► A redución dos volumes de escorrentía e caudais punta que terminan por chegar á rede de colectores e a estación depuradora e evitar a sobrecarga da infraestrutura de saneamento.
► A integración do tratamento das augas de choiva na paisaxe urbana.
► A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa.
► A mellora da saúde da vexetación urbana
► A xeración de beneficios sociais ao crearen espazos de xuntanza e lecer atractivos.
¿Cómo?
Trátase de transformala recollida de pluviais actual, que procura a rápida evacuación das escorrentías urbanas a través dun sistema de superficies impermeábeis e embornais conectados ás cloacas, por un sistema que reteña e infiltre a auga das escorrentías urbanas por medio dunha batería de elementos baseados na naturaleza que ao traballaren xuntamente logren infiltrar volumes importantes de auga no subsolo.
ESQUEMA DE ELEMENTOS DE RETENCIÓN E INFILTRACIÓN DE AUGA NA RÚA
Intervencións a escala de rúa
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por infiltración ou captación da auga de choiva (ΔCE)
Indicador Secundario
% de m² de pavimento permeábel na rúa / m² totais de rúa
Unidade
m² de pavimento permeábel na rúa → ΔCE
Obxectivo mínimo
>60% de m2
Obxectivo desexable
>95% de m2
Método de medición / Fórmula
ΔCE: [ A x B]
A: m³ (infiltrados ou captados). Depende da solución
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico (prazas aparcamento, viario, etc.)
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Substituír o meirande número posíbel de m² de solo impermeábel por permeábel nos procesos de urbanización e mantemento do viario e do espazo público, a través dun plan de rehabilitación do tecido urbano
Elaborar unha base de datos sobre as características de infiltración do terreo e unha cartografía dos lugares máis axeitados para a súa implementación
Minimizar a perda de capacidade drenante a través dun bo mantemento
Elaborar una base de datos sobre as especies e substratos que mellor se adaptan ás características locais
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
A presenza de servizos soterrados, coma fibra óptica, cables eléctricos e telefónicos, ou canos de drenaxe. Antes de implementalos DUS das árbores, cómpre descubrir se existen ou non servizos soterrados na área.
Mantemento de limpeza do espazos público.
A selección de substratos acaídos e das especies vexetais é fundamental para o éxito das instalacións de biorretención. As características do solo favoreceran a drenaxe, as taxas de eliminación de contaminantes e a viabilidade da vexetación. As plantacións deben incluír unha comunidade diversa de especies nativas.