AG05 CAPTACIÓN E ALMACENAMENTO DE AUGA DE CHOIVA NA RÚA
Incorporación nos procesos de urbanización de superficies e elementos captadores de pluviais
Objetivo
A incorporación, ben nos procesos de nova urbanización, ben nos de remodelación de rúas e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos captadores de pluviais, co obxectivo de reverter o proceso de impermeabilización do solo nas áreas urbanas.
¿Por qué?
Para mitigaren, dende os procesos de creación ou remodelación urbana, os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o malgasto de recursos enerxéticos e hídricos. A porcentaxe da superficie urbana ocupada por beirarrúas, viais e zonas de aparcamento, en función do tipo de tecido urbano, pode flutuar entre un 20-40%, na meirande parte dos casos impermeábeis. Transformar a rúa nun lugar de captación e almacenaxe das escorrentías, aporta os seguintes beneficios:
►A mellora do confort ambiental, regulando a temperatura e a humidade ambiente, e reducindo o efecto illa de calor debido á evaporación da auga acumulada no subsolo.
►A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais ao aumentaren as superficies permeábeis.
►A redución dos volumes de escorrentía e caudais punta que terminan por chegar á rede de colectores e a estación depuradora e evitala sobrecarga da infraestrutura de saneamento.
► A integración do tratamento das augas chuvidizas na paisaxe urbana.
►A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa, acadando eficiencias de eliminación de contaminantes próximas ao 70% para os hidrocarburos, 50% para fósforo, máis do 65% para nitróxeno e máis do 60% para metais pesados (Wilson, S et al., 2004)
¿Cómo?
Trátase de transformar a recollida de pluviais actual, que procura a rápida evacuación das escorrentías urbanas a través dun sistema de superficies impermeábeis e embornais conectados ás cloacas, por un sistema que reteña e infiltre a auga das escorrentías urbanas con superficies permeábeis dispostas sobre bases drenantes que permitan a infiltración da auga no terreo, conducindo os excesos cara outros elementos de drenaxe sostíbel (gabias filtrantes, áreas de bioerretención, pozos de infiltración, etc.) ou en derradeira instancia á rede de saneamento.
A miúdo os distintos usos e fluxos da rúa aparecen diferenciados polo tipo de pavimento e os elementos de urbanización. A calzada e a beirarrúa aparecen situadas a distinta altura e separadas por bordos, canalizando as escorrentías e dirixindo a auga polos embornais ata as cloacas. Para transformala rúa de “canle de evacuación” a lugar de captación e almacenaxe de auga, poden adoptarse diversidade de solucións e deseños para aumentala porcentaxe de superficies permeábeis e a distribución homoxénea das escorrentías das superficies impermeábeis cara elas. Algunhas destas soluciones e estratexias son:
01 PAVIMENTOS PERMEÁBEIS
Son pavimentos cunha estrutura multicapa permitindo que a auga se infiltre no terreo ou ben sexa captada e retida en capas subsuperficiais para a súa posterior reutilización ou evacuación. Existen diversas clases de superficies permeábeis, atendendo ao sistema construtivo poden clasificarse en:
• Pavimentos modulares ou lastros (pezas de diversos materiais permeábeis ou impermeábeis, que deixan pasala auga a través delas)
• Pavimentos de xeocelas (céspede armado)
• Pavimentos continuos (calquera tipo de mestura porosa, asfalto, formigón, resinas, etc.)
Úsanse fundamentalmente para diminuír o volume de escorrentía ata un 60%, permitindo o seu almacenamento e recuperación para o rego das zonas axardinadas ou para a limpeza de rúas. En función do carácter e disposición das capas, os pavimentos permeábeis poden realizar amais de funcións de retención de escorrentías, de infiltración no subsolo, transporte y depuración.
02 BORDOS PERMEÁBEIS/INTERMITENTES
Os bordos permeábeis ou intermitentes é unha estratexia de doada implantación, trátase de eliminar de xeito controlado algunha das pezas que separan as zonas permeábeis das impermeábeis, dirixindo as escorrentías para a súa retención e infiltración cara outros DUS. Dependendo do grao de contaminación das escorrentías, polo tipo de tráfico etc., deberán tomarse medidas para a súa depuración antes de infiltrala auga (fitodepuración, separadores de aceite, etc.)
Clasificación de sistemas de pavimentos permeábeis segundo a súa función
Fonte: Rodríguez Rojas. I. Guía para la Integración de los Sistemas Urbanos de Drenaje Sostenible en el Proyecto Urbano. Granada, Editorial Universidad de Granada, 2017
Esquema e exemplo de bordo intermitente. As pluviais de zonas impermeábeis recóllense en áreas de biorretención
Fonte: Urban Street Stormwater Guide. National Association of City Transportation Officials.
LIFE CERSUDS propón un pavimento cerámico permeable innovador que ten a súa orixe no marco dun proxecto de I+D financiado polo Gobierno Regional de la Comunidad Valenciana en 2010 “Reutilización y reciclado de productos obsoletos o deshechos de fabricación para la generación de nuevos productos”. O pavimento permeábel basease no emprego de baldosas cerámicas de baixo valor comercial. O concepto do sistema consiste no corte das baldosas cerámicas en cintas cun largo específico, que posteriormente se agrupan para formalos módulos cerámicos permeábeis. O desenrolo destes módulos proporciona rapidez e sinxeleza na colocación del pavimento.
Xardín Niel en Toulouse. Michèle&Miquel , 2011-2016. Toulouse, Francia. Fuente: http://tectonicablog.com/?p=108028
Proposta de pavimento para a peonalización da Ronda da Muralla de Lugo
Intervencións a escala de rúa
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por infiltración ou captación da auga de choiva (ΔCE)
Indicador Secundario
% de pavimento permeábel en espazo público
Unidade
m² de pavimento permeábel en espazo publico → ΔCE
Obxectivo mínimo
>60% de m2
Obxectivo desexable
>95% de m2
Método de medición / Fórmula
ΔCE: [ A x B]
A: m³ (infiltrados ou captados). Depende da solución
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico (prazas aparcamento, viario, etc.)
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Equipas de arquitectura e enxeñeira
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Elaboración dunha cartografía que reflicta as zonas de aparcamento en superficie.
Implementación no sistema de mantemento urbano, rúas e xardíns, dunha estratexia de substitución de materiais impermeábeis por permeábeis.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
A capacidade de infiltración do solo (un solo granular e permeábel terá unha capacidade de infiltración moi superior á dun solo arxiloso e compacto, non é recomendábel un contido de arxilas >30%).
A existencia, nomeadamente en actuacións de reforma ou rehabilitación urbana, de instalacións preexistentes (gas, luz, etc.), restos arqueolóxicos, construcións soterradas, etc.
O nivel freático debe estar cando menos 1 metro por baixo da base do pavimento para evitar a contaminación, non se recomenda o seu uso se existe risco de contaminación de augas subterráneas.
O grosor da capa de almacenamento (capa filtrante de grixo ou bloques xeocelulares) dependerá das condiciones pluviométricas e da porosidade do material que a compón.
DIMENSIONADO
Grosor da capa de almacenamento:
e = Valm /(p x Ae)
Valm= Volume de almacenamento
p = porosidade do material
Ae = área de pavimento poroso