AG04 EDAR BIOLÓXICA COMPACTA
Instalación de EDAR biolóxicas en vivendas sen conexión á rede de saneamento
Objetivo
Evitar o verquido de augas residuais domésticas ao subsolo ou aos leitos naturais a través da instalación de depuradoras biolóxicas para aquelas vivendas sen conexión á rede de saneamento ou cuxos propietarios desexen unha solución do tratamento de augas residuais domésticas para a súa reutilización.
¿Por qué?
As augas residuais non depuradas representan un risco para a saúde pública ao conteren bacterias/virus, e para o medio ambiente, aportando un exceso de nutrintes ás masas de auga doce e ao mar, mesmo chegando ao colapso do medio por eutrofización. A normativa europea en materia medioambiental obriga á depuración de augas residuais na Directiva 91/271/CE de 21 de maio, e incide na súa necesidade na Directiva Marco da Auga (DMA), onde se definen como principais obxectivos a protección do medio ambiente e a mellora da situación dos ecosistemas acuáticos, a redución da contaminación e o uso sostíbel da auga.
Os seus principais beneficios son:
►A mellora da calidade das masas de auga, previndo a contaminación das augas superficiais e subterráneas.
►O aumento dos e recursos hídricos dispoñíbeis, ao diminuír a demanda de abastecemento de auga potábel para usos no consuntivos.
¿Cómo?
Existen múltiples modelos prefabricados no mercado, de rápida e doada instalación, que poden dar cobertura de 1 a 12 habitantes. Aínda que as distintas casas comerciais veñen de patentar o seu propio sistema de depuración, comparten unha base tecnolóxica común: A depuración biolóxica, que consiste nunha decantación e unha filtración previa, seguido dun tratamento en etapas baseado na depuración natural, en medio anaeróbico, a partires de microorganismos, plantas acuáticas, etc. que dixiren os contaminantes dentro dun tanque de pequenas dimensións.
Algúns dos tipos máis comúns son, de:
• Filtro biolóxico
• Oxidación total
• Biodiscos
• Biofiltración aireada
• etc.
Unha vez que auga é depurada, pode combinarse con diversos sistemas de drenaxe sostíbel, para o seu almacenamento, reutilización ou infiltración no terreo.
►ALGÚNS DATOS DE REFERENCIA:
• Habitantes equivalentes: 1 – 8 HE
• Carga media diaria, [kg DBO5/día]: 0,4-0,8 máx.
• Caudal diario de auga: 0,9 – 1,50 m³/día
• Mantemento: 1-2 voltas/ano
• Rendemento de depuración do 80 ao 95% en DBO5,DQO,SS, NH4-N e superando o 95% en Ntotal, Ptotal
Modelo de ECODENA, combinado con Separador de grasas y basado en la fitodepuración mediante algas, https://ecodena.com
ESQUEMA DE INSTALACIÓN DE EDAR BIOLÓXICAS EN VIVENDAS SEN CONEXIÓN Á REDE DE SANEAMENTO O PARA A SÚA REUTILIZACIÓN
Vista doi sistema SBS®, baseado en filtros biolóxicos, instalado no Centro de I+D+i de CENTA Fonte: http://www.tradesur.es/edar-compactas-viviendas-tratamiento-augas-residuales-urbanas.html
Estación depuradora biolóxica certificada, para unha casa de ata 6 habitantes equivalentes. Fonte: http://bioviana.com/
Modelo de SIDAR, baseado no sistema de oxidación total: https://tienda.sidar.es/
Intervencións a escala de edificio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por m² que non vai á EDAR (ΔCE)
Indicador Secundario
Calidade das masas de auga superficiais e subterráneas
Unidade
m³ de auga depurada anual→ ΔCE
Obxectivo mínimo
Depurar o 100% das augas residuais
Cumprimento da calidade de auga marcada por normativa
Obxectivo desexable
Depurar o 100% das augas residuais
Acadar o verquido cero de augas contaminadas so medio natural
Método de medición / Fórmula
ΔCE: [ A x B]
A: m³ de auga depurada
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Proxecto de edificación
Axentes implicados
Propietarios particulares
Comunidades de veciños
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Análise da calidade de auga dos ríos (augas arriba e abaixo do termo municipal).
Localización dos verquidos ilegais.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
O número de habitantes da vivenda
A normativa medioambiental de aplicación
Os caudais diarios e a súa carga