AG02 CAPTACIÓN E ALMACENAMENTO DE AUGA NOS EDIFICIOS
Incorporación de estruturas para almacenaxe de auga na edificación
Objetivo
Incorporación de estruturas de captación e almacenamento de auga na edificación para a súa reutilización, para favorecelo equilibrio do ciclo integral da auga.
¿Por qué?
A progresiva degradación e diminución das reservas de auga doce a nivel mundial, fai necesario tomar medidas que favorezan o aumento da calidade e da cantidade dos recursos hídricos dispoñibles.
As cubertas dos edificios poden acadalo 50% da superficie impermeabilizada dunha cidade, converténdoas nuns elementos de grande potencial para captación de pluviais. A adopción de medidas para recoller e almacenar a devandita auga, permiten acumular considerábeis volumes de auga para a súa reutilización.
Os seus principais beneficios son:
►O aumento dos recursos hídricos dispoñíbeis, ao diminuíren a demanda de abastecemento de auga potábel.
►A autosuficiencia hídrica, utilizando auga chuvidiza para usos non consuntivos (a cisterna del WC, a lavadora, a limpeza e o rego do xardín,…) diminuíndo os consumos domésticos de auga potábel e o gasto por vivenda.
►Axudan á diminución do risco de asolagamento, ao deixaren de verquer sobre as redes de saneamento o volume acumulado de auga.
¿Cómo?
Diminuíndo os caudais que houberan de evacuarse e depurarse. A través de estruturas que se integran na edificación, tanto en vivendas (unifamiliares ou plurifamiliares) coma en edificios públicos, industriais ou de servizos. Poden integrarse en novas construcións ou en rehabilitacións. Dentro das estruturas para acumulación de auga chuvidiza na edificación podemos diferenciar:
01 DEPÓSITOS, que son estruturas pechadas onde se almacena a auga captada nas cubertas dos edificios e transportadas ata eles por un cano. Teñen a vantaxe de seren de fácil implantación debido ás súas dimensións e baixo coste de construción e mantemento. Admiten multitude de deseños e materiais, a partires do seu dimensionado en función da precipitación media da zona onde estean localizados. Algúns poden mellorar a calidade da auga a través de sistemas de depuración, ou implementárense cun control do inicio do enchido (nos 10 primeiros minutos de choiva non se acumulan, limpando a superficie captadora de contaminantes).
Poden ser:
• Depósitos soterrados para captación por gravidade e uso mediante bombeo (Alxibes, depósitos prefabricados, etc.)
• Depósitos de choiva en terrazas individuais (Barrís)
02 CUBIERTAS VEXETADAS, formadas por sistemas multicapa situados sobre os forxados da edificación, onde a superficie de captación e almacenaxe é a propia cuberta. Deséñanse para reter a auga de choiva, mellorar a súa calidade e permitir a súa reutilización en usos non consuntivos, pero tamén para favorecer o crecemento da vexetación, diminuíndo a temperatura no edificio e mellorando a paisaxe urbana (Ver EV09). No seu deseño interveñen as características físicas e climatolóxicas do lugar (temperatura, humidade, horas de sol/sombra, tipo de vexetación…), a morfoloxía urbana e a tipoloxía edificatoria e construtiva do edificio.
Poden ser:
• Cubertas vexetadas intensivas, cuxa vexetación acada un tamaño considerábel, que dependerá do grosor do substrato, mesmo ser transitables. Son exemplos indicados de cubertas de garaxes subterráneos. A súa capacidade de almacenamento é como media do 45% do seu volume, producíndose enchoupamentos a partires do 65%.
• Cubertas vexetadas extensivas, caracterízanse por substratos pouco profundos (normalmente de 7 a 10 cm), que soportan vexetación de porte baixo, tipo sedum, carriza, aromáticas e céspede e calquera outra vexetación que precise pouco ou ningún mantemento. Son máis liviáns, mais non son transitábeis. A súa capacidade de almacenamento é como media do 20% do seu volume, producíndose enchoupamentos a partires do 65%.
03 CUBIERTAS AZUIS, son cubertas cunha pendente do 0%, é dicir, un depósito ou alxibe que almacena a auga de choiva. A lámina de auga pode ser visible ou estar oculta baixo un sistema de cuberta vexetal extensiva, quen de coutalas perdas por evaporación.
As cubertas vexetadas engaden aos beneficios xerais, os seguintes:
• Pode reter ata un 50% da auga de choiva recibida, prolongando o tempo de escoa e reducindo considerabelmente as substancias nocivas presentes nela, xa que a acumulación das precipitacións durante un período de tempo o suficientemente longo permite a eliminación de sedimentos e a depuración de contaminantes por acción da vexetación.
• Melloran a calidade das masas de auga ao actuaren coma filtros, reducindo a carga de contaminantes que chega á rede de sumidoiros.
• Diminúen a temperatura da cuberta coutando o consumo de enerxía no edificio (arredor do 10%, mesmo poden reducir o consumo de enerxía necesario para calefacción nun 25% e nun 75% o de refrixeración segundo algúns estudos).
• Mitigan o efecto illa de calor, proporcionando refrixeración natural ao espazo público.
• Melloran a calidade do ar, debido á captura de contaminantes causada pola presenza de plantas (1m2 de cuberta verde pode absorber 5 kg de CO2 ao ano).
• Melloran os niveis de humidade e de biodiversidade nas cidades.
• Mellora da sociabilidade, engadindo novos lugares de encontro e uso comunitario
• Mellora do confort acústico, ao contribuíren á redución do ruído urbano.
Comparación do comportamento térmico de diferentes tipos de cubertas.
Fontes: F. J. Neila, C. Bedoya, C. Acha, F. Olivieri, M. Barbero. Informes de la Construcción, Vol. 60, 511, 15-24, xullo-setembro 2008. ISSN: 0020-0883. eISSN: 1988-3234.
ESQUEMA DE ELEMENTOS DE CAPTACIÓN E ALMACENAMENTO DE AUGA NOS EDIFICIOS
Museo de Historia de la Vendée. Plan01 Architectes. Fuente: http://www.tectonica-online.com
Intervencións a escala de edificio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
I1: Redución do consumo enerxético por captación da auga de choiva (ΔCE)
I2: Autosuficiencia Hídrica
Unidade
I1: m² de superficies captadoras → ΔCE
I2: % de redución de auga facturada
Obxectivo mínimo
I1: >60% de m² cubertas captadoras
I2: 5% Diminución do volume de auga facturada
>35% AH para usos non consuntivos
Obxectivo desexable
I1: >95% de m² cubertas captadoras
I2: 15% Diminución do volume de auga facturada
>50% AH para usos non consuntivos
Método de medición / Fórmula
I1:∆CE: [ A x B]
A: m3 captados
B: CConsumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
I2:AH (%): [A / B] x 100
A: potencial recollida pluviais
B: consumo auga total
NIVEL DE PLANEAMENTO
Proxecto de edificación
Axentes implicados
Equipos de arquitectura e enxeñería
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Elaboración dun inventario de terrados ou cun limiar de inclinación inferior aos 30 graos por observación directa ou análise xeográfico da cartografía dispoñíbel para a identificación das azoteas capaces de acoller cubertas vexetadas.
Bonificacións sociais e/ou económicas para favorecela súa implantación.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
Las limitaciones técnicas de la edificación:
• O tipo de edificación e cuberta. No caso de rehabilitación dun edificio, deberá terse en conta o incremento de cargas (forxado+auga+vexetación), que pode acadar os 10 kN/m2 nas intensivas e oscilar entre 0,5-7 kN/m2 nas extensivas.
• Pódense instalar en calquera cuberta, aínda que é preferíbel que a pendente sexa como mínimo 2° para asegurala escorrentía e como máximo de 30°, requirindo ancoraxes a partires dos 10°.
• Titularidade dos edificios e posíbeis restricións por estaren catalogados coma patrimonio baixo ordenanza municipal.
• A cuberta debería ser revisada nunha ou dúas voltas ao ano.
• É convinte situar na zona perimetral das cubertas unha banda de grixo de 400 milímetros de largo, co obxectivo de recoller o sobrante de auga. Da mesma forma, hai que cercar as aperturas e ocos de ventilación da cuberta con material non vexetal (lastros, formigón…), co fin de garantir a protección contra o lume (segundo Código Técnico da Edificación, Documento Básico de Seguridade ante Incendios). Amais, se a superficie vexetada é moi extensa, recoméndase deixar bandas sen vexetación de entre 200 e 400 milímetros que actúen coma cortalumes.
• A capa de substrato ten que compoñerse dos nutrintes necesarios para asegurar o crecemento da vexetación escollida, amais de ser porosa e drenante.
As limitacións da vexetación:
• A selección do tipo de vexetación haberá de adaptarse ás condicións climáticas y a especies locais. Existen varios métodos de plantación, combinables entre si: semente, plantación, rolos pre-cultivados etc.
• Para garantir o resultado e un crecemento acaído é necesario aboala e instalar un sistema de rego.