AC07 XESTIÓN DA DISTRIBUCIÓN URBANA DE MERCADORÍAS
Distribución de mercadorías na cidade dun xeito máis sustentable e seguro
Objetivo
Adaptarse ao incremento deste tipo de transporte nas cidades, conseguindo un transporte de última milla máis sustentable e seguro.
¿Por qué?
A distribución de mercadorías é unha das actividades máis importantes dentro do sistema de mobilidade dunha cidade. A maior parte dos bens consumidos nunha cidade proceden de zonas externas a ela. A pesar de que non é un dos primeiros sistemas nos que se pensa á hora de abordar os problemas de mobilidade dunha cidade, a súa importancia é capital, e crece rapidamente debido aos cambios nos costumes dos consumidores, ao aumentar o comercio electrónico.
Este incremento na demanda deste tipo de servizos, e a inexistencia de medidas de adaptación das cidades a el, supón un reto importante debido aos graves impactos que xera: ruído, contaminación, ocupación do espazo público e problemas de seguridade viaria.
¿Cómo?
Aquí propóñense algúns exemplos de medidas para mellorar a sustentabilidade do transporte de mercadorías na cidade, pero todas deben partir dunha primeira e imprescindible: asegurar a participación das compañías de transporte e os comerciantes. Sen esta premisa demostrouse imposible conseguir resultados, xa que existen múltiples intereses contrapostos, así como diferentes casuísticas.
Doutra banda, como calquera outro problema relacionado coa mobilidade, ningunha medida illada poderá ter resultados, senón que é necesario combinar diferentes solucións.
As medidas que afectan á distribución de mercadorías adoitan clasificarse en tres grupos: normativa, técnicas e loxísticas. É unha combinación destes tres tipos o que conseguirá resultados, pero cada un deles corresponde a un actor dentro do sistema.
► Medidas previas: compromiso dos diferentes actores:
• Crear grupos de traballo entre a administración e os diferentes grupos interesados para propoñer solucións.
• Organizar xornadas ou foros informativos para dar a coñecer as solucións propostas.
► Medidas legais:
• Restricións no tempo de acceso a determinadas zonas para a carga e descarga. Un exemplo de medida pode ser a repartición nocturna con vehículos silenciosos.
• En negocios ou zonas onde non sexa posible a repartición nocturna, deberán estudarse restricións horarias na repartición diúrna.
• Diferentes permisos e normas para vehículos menos contaminantes ou ruidosos.
• Axudas para compra de vehículos máis sustentables para repartición de última milla.
• Obrigar a contar con zonas de almacenamento en locais comerciais.
► Xestión do aparcamento para carga e descarga:
• Reserva previa de espazos para carga e descarga.
• Limitación do tempo de utilización dos espazos.
► Medidas Loxísticas:
• Consignas de mensaxería. Orientado ao mercado particular e principalmente ao comercio online, trátase de zonas onde as diferentes compañías de mensaxería deixan paquetes pequenos en consignas que logo poderán recoller os particulares. Estas consignas estarán en zonas designadas en función do seu acceso e facilidades para aparcar. A diferenza dos centros Pick- up, que adoitan ser tendas, estas consignas situaranse de forma coherente coas demais medidas de xestión do aparcamento, xerarquización de vías, itinerarios peonís, etc., polo que servirán para aumentar a eficacia desoutras medidas.
• Áreas de repartición de proximidade. Instalación dunha plataforma de transbordo na que se descargan as mercadorías dos vehículos pesados e colócanse en carros, carretillas, vehículos eléctricos ou bicicletas para a súa repartición en última milla. Tamén pode funcionar como almacenamento a curto prazo e como consigna de mensaxería.
Funcionamento das consignas de mensaxería e as áreas de reparto de proximidade
Distintos sistemas de reparto en vehículos sen motor. Fonte: ver enlace dos exemplos
Intervenciones a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Primario: Redución emisión CO2 por redución de viaxes en vehículos contaminantes
Secundario: % de redución en km recorridos en vehículos contaminantes
Unidade
g CO2
% km de redución en vehículos contaminantes
Obxectivo mínimo
50 % de redución de km recorridos en zonas designadas
Obxectivo desexable
70 % de redución de km recorridos en zonas designadas
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x [B – C] x D
A: % km reducidos
B: Factor de emisión de CO2 vehículo contaminante (g CO2/km)
C: Factor de emisión de CO2 vehículo no contaminante (g CO2/km)
D: km recorridos en estado inicial
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Proxecto de Construcción
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Compañías de distribución e comerciantes
Comunidades de veciños
Asociacións e cooperativas
Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
É moi importante contar co apoio e colaboración das compañías de distribución e dos comerciantes.
A localización das zonas de carga e descarga, ou de repartición de proximidade, é crucial.