AC05 ITINERARIOS PEONÍS
Rede de itinerarios peonís seguros, continuos e atractivos
Objetivo
Conectar todas as infraestruturas de transporte, equipamentos, espazos de lecer, etc., mediante unha rede peonil que garanta a accesibilidade a pé a todos os servizos e actividades cotiás.
¿Por qué?
A maior parte dos desenvolvementos urbanos realizados no século XX foron planificados poñendo no centro de todas as decisións ao automóbil, descartando outros modos de transporte máis eficientes na cidade. Isto levou a un círculo vicioso no que o deseño de cidades hostís co peón e o ciclista, e o abandono do transporte público, provocou unha situación na que sexa practicamente obrigado o moverse en automóbil pola cidade.
Aínda así, nas cidades europeas, a porcentaxe de viaxes que se fan a pé é moi elevado a pesar de que a maioría do espazo público dedícase ao automóbil. Pero en moitas ocasións, a viaxe a pé vese obstaculizada por cruces perigosos, descontinuidade nas beirarrúas, mobiliario urbano, etc.
¿Cómo?
Do mesmo xeito que en moitos procesos de cambio en aspectos que afectan á sociedade, o primeiro ten que ser un cambio de mentalidade por parte dos responsables cuxas decisións afectan o espazo público. E para iso deberán quedar claras dúas premisas:
• Debemos garantir o acceso da poboación aos servizos e actividades, pero non o dos seus automóbiles.
• A función das rúas é a de permitir a circulación das persoas, non a de almacenar automóbiles.
En resumo, trataríase de substituír ao automóbil polo peón en todas as decisións no espazo público, desta forma enténdese moito mellor. Ninguén pensaría nunha cidade sen unha rede continua para automóbiles, na que moitas interseccións non tivesen continuidade en nivel, por exemplo.
A pesar de que a maioría da poboación estaría de acordo con esas premisas, levalas á práctica supoñería un cambio maiúsculo nas nosas cidades, xa que practicamente todas as decisións que se seguen tomando van en sentido contrario.
Unha vez que se deu ese cambio na mentalidade, os pasos a seguir para conseguir unha rede peonil continua, segura e atractiva serían os seguintes:
• Xerarquizar o viario
• Reducir a velocidade nas zonas urbanas por debaixo dos 30 km/ h.
• Planificar unha rede de itinerarios peonís continuos en toda a cidade.
• Incrementar as zonas con plataforma única en vías de acceso.
• Manter a continuidade en nivel das beirarrúas en cruces.
Unha vez que se planificou a rede peonil, deberemos asegurarnos de que cumpre as seguintes condicións:
• Conectividade: debe conectar os diferentes barrios cos principais destinos da poboación, e non só con espazos verdes ou de lecer. Debe asegurarse que os itinerarios son completos, sen obstáculos. Se é conveniente, combinaranse estes itinerarios peonís cos ciclistas ou co transporte público.
• Accesibilidade: estes itinerarios deben permitir o seu uso por parte de todo tipo de usuarios. Se é necesario para salvar obstáculos, instalaranse ramplas mecánicas, ascensores, etc.
• Diversidade: O espazo público debe ser diverso social e funcionalmente. Debe contar con variedade na tipoloxía construtiva, no tipo de actividade, etc.
• Seguridade: Debe asegurarse tanto a seguridade viaria e cidadá obxectiva, como a subxectiva. Para iso reducirase a velocidade dos automóbiles, darase continuidade e preferencia ao peón nos cruces, prohibirase a circulación de calquera tipo de vehículo polas beirarrúas, iluminarase convenientemente, etc. Ademais, tentarase que os itinerarios discorran por zonas onde existe actividade acotío.
• Saúde: Asegurarase que os itinerarios peonís discorren por zonas pouco contaminadas. Reducirase o tráfico ou a súa velocidade, faranse coincidir estes itinerarios coa infraestrutura verde da cidade, etc.
• Atractivo: Ademais de tentar que estes itinerarios discorran por zonas xa de seu atractivas, deseñarase o mobiliario urbano, sinalización, pavimentos, etc, de forma que o conxunto sexa harmónico. Coidarase especialmente a sinalización vertical coa intención de evitar obstáculos.
• Lexibilidade: O deseño dos itinerarios debe ser de tal forma que todos os usuarios teñan claro como comportarse neles. Ademais, dispoñerase de información online e nas rúas onde se poidan ver estes itinerarios en combinación cos itinerarios ciclistas, transporte público, etc.
• Continuidade: Todas as condicións anteriores manteranse ao longo de todos os itinerarios.
Metrominuto de Pontevedra
Rúa con prioridade peonil en Hungría
Paseo marítimo de Pontevedra
Barrio de San Martín (Vitoria)
Intervenciones a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Primario: Redución emisión CO2 por paso de viaxes en automóbil a pé
Secundario: % de paso viaxes en VP a pé
Unidade
g CO2
% de viaxes en VP a pé
Obxectivo mínimo
5 % de viaxes en VP a pé
Obxectivo desexable
10 % de viajes en viaxes a pé
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x B x C
A: % de viaxes en VP a pé
B: Factor de emisión de CO2 dun vehículo privado (g CO2/km)
C: Suma de km recorridos totais
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Proxecto de Construcción
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuaciones impulsadas por la administración:
Fomentar e favorecer o desenvolvemento de plans tipo “Camiño escolar” ou Plans de Mobilidade de Empresa.
¿Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
É imprescindible abordar a xerarquización do viario (AC01)
Tan importante como o deseño do espazo público é a actividade dos locais e edificios situados neles.
Hai que pensar tanto na seguridade obxectiva como subxectiva.