AC03 XESTIÓN INTEGRAL DO TRANSPORTE PÚBLICO
Xestión integral de todos os modos sustentables de transporte para mellorar a súa competitividade
Obxectivo
Desenvolver unha integración real tanto física como na xestión dos diferentes tipos de transporte público: tren, autobús, taxi. Isto, unido ás medidas que favorezan a intermodalidade entre este transporte público e as viaxes en bicicleta ou a pé, favorecerá a competitividade destes modos sobre o vehículo privado.
¿Por qué?
A decisión persoal de qué modo de transporte usar en cada viaxe en xeral baséase en aspectos obxectivos como o tempo de viaxe ou a dispoñibilidade de aparcamento en destino. Pero tamén en apreciacións subxectivas, como a percepción do tempo de espera nunha parada de bus, a incomodidade, o atractivo ou a percepción social dun modo respecto a outro.
Os intentos para convencer aos usuarios de utilizar o transporte público, ou outros modos sustentables, choca frontalmente con:
• A inxente cantidade de diñeiro investido en mellorar as infraestruturas para o uso do vehículo privado, sempre en detrimento dos demais modos.
• A falta de fiabilidade e comodidade das liñas de transporte público, que se foron abandonando en detrimento do vehículo privado.
• A falta de integración das liñas de transporte público con outros modos (sustentables ou non).
A integración dos diferentes tipos de transporte público tería os seguintes beneficios:
• Aumentaría a fiabilidade da cadea de transporte.
• Permitiría saber con antelación o tempo total de viaxe.
• Ofrece un modo de transporte ideal para cada tipo de viaxe.
• Reduce a conxestión ao reducir as viaxes en vehículo privado.
• Aumenta o radio de viaxes en bicicleta ou a pé (combinados con outros modos).
• Refórzase a dimensión social do transporte público.
Se pensamos que no mesmo espazo e tempo pódense transportar 2 persoas en automóbil, 12 persoas en bicicleta e 9 persoas en autobús, podemos ver as vantaxes de lograr un transporte integrado máis eficiente.
¿Cómo?
Dependendo dos modos de transporte dispoñibles en cada cidade, pódense tomar diferentes medidas. Nunha cidade tipo española na que exista tren, autobús e taxi, poderíanse adoptar as seguintes:
• Billete único: Un só billete é válido para todos os transportes públicos, de forma que o transbordo entre eles sexa gratuíto.
• Información en tempo real: Instalar paneis nas paradas con información da situación dos buses, atrasos, etc. A mesma información, así como avisos, debería estar dispoñible nunha aplicación móbil.
• Planificador de roteiros: Desenvolver unha aplicación móbil que permita planificar unha viaxe entre dous puntos en diferentes modos.
• Prioridade en semáforos: Mediante detectores GPS ou a demanda, os semáforos deberán cambiar para dar prioridade aos autobuses.
• Instalacións que permita a intermodalidade efectiva: Instalacións seguras para gardar bicicletas en estacións de tren e autobuses. Gardabicis en paradas de buses seleccionadas, de forma que as bicicletas sirvan de sistema de alimentación dos buses, etc.
• Instalar soportes para bicicletas nos taxis e autobuses, como mínimo, en liñas que sirvan a centros de atracción de viaxes cuxo acceso supoña facer un traxecto con fortes pendentes.
Á hora de calcular a redución de emisións polo cambio de modo de transporte deberanse empregar os mellores factores de emisión dispoñibles no momento en función dos modos para avaliar. Para unha primeira aproximación pódense empregar os seguintes:
Pódense ver datos máis recentes en: The climate change mitigation effects of daily active travel in cities – ScienceDirect
Integración de bicicletas no tren en Dinamarca. Fonte: ECF
Soportes de bicicletas en taxis. Fonte: Copenhagenize.com
Intervenciones a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicadores
Primario: Redución emisión CO2 por paso de viaxes de vehículo privado a autobús
Secundario: % de paso viaxes en VP a autobús
Unidade
g CO2
% de viaxes en VP a bus
Obxectivo mínimo
5% de paso de viaxes en VP a bus
Obxectivo desexable
10% de paso de viaxes en VP a bus
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x [B – C] x D
A: % de viaxes en VP a bus
B: Factor de emisión de CO2 dun vehículo privado (g CO2/km)
C: Factor de emisión de CO2 autobús (g CO2/km)
D: Suma de km recorridos totais
Nivel de Planeamiento
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de urbanización
Proxecto de Construcción
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Técnicos da Administración Xeral/Provincial
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración:
Integración de todos os servizos de mobilidade nunha mesma aplicación que permita planificar viaxes (MaaS).
Políticas tarifarias atractivas. Por exemplo: Transporte público gratuito para menores e estudantes, ou completamente gratuito para todos.
Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
Debe terse aplicado a solución AC02
As medidas de promoción e mellora do transporte público son necesarias, pero non suficientes para aumentar o seu uso, é necesario reducir a oferta doutros modos non sustentables.