AC01 XERARQUIZACIÓN VIARIA
Clasificación do viario basada na función desexada de cada vía: paso, distribución ou acceso
Objetivo
Alcanzar no espazo público un equilibrio entre accesibilidade, seguridade e habitabilidade (ou confort). Facilitar o uso das vías por parte dos diferentes usuarios e alcanzar os obxectivos da seguridade viaria sustentable, é dicir, que as infraestruturas están deseñadas en función das capacidades e limitacións humanas.
Crear un escenario no que poder aplicar o resto das medidas deste catálogo dunha forma coherente.
¿Por qué?
A tarefa de conducir faise máis fácil se as vías e as situacións do tráfico son recoñecibles, continuas e predicibles. Unha maneira de conseguir isto é dividir toda a rede en diferentes categorías con diferentes funcións. A maioría dos accidentes prodúcense por unha combinación de puntos de conflito e velocidades excesivas. Por iso o principal obxectivo debe ser eliminar os conflitos, e se isto é imposible, reducir a velocidade.
O deseño destas vías tamén é importante de fronte ao comportamento dos diferentes usuarios nelas. Se os usuarios recoñecen facilmente a categoría dunha vía poderán adaptar o seu comportamento automaticamente, e se é necesario, este comportamento pódese condicionar polo deseño.
¿Cómo?
Aquí proponse dividir as vías en base á súa función principal:
• Vía de paso: A comunicación entre puntos distantes é a función principal desta vía, e a fluidez do tráfico unha premisa básica. Non existen interseccións a nivel (Autovías).
• Vía de distribución: Conectan as áreas residenciais coas vías de paso ou dúas áreas residenciais non adxacentes. Os diferentes tráficos flúen entre interseccións, onde interaccionan entre eles. Serían as vías que delimitan as supermazás.
• Vías de acceso: Son as vías que dan acceso ás propiedades, servizos, etc. Nestas vías os diferentes tráficos interactúan non só nas interseccións senón tamén ao longo das mesmas vías (plataforma única). Trátase das vías dentro de supermazás.
O usuario deberá ser capaz de diferenciar os diferentes tipos de vías en todos os casos.
A forma na que as vías de diferentes categorías relaciónanse unhas con outras é clave para a seguridade viaria e o nivel de servizo. Por exemplo:
• As vías de paso non deberían contar con accesos directos nin interseccións a nivel, e tampouco deberían estar dentro da zona urbana.
• Nas vías de acceso a fluidez do tráfico é secundaria, e as interaccións entre diferentes tráficos pode darse en calquera punto, é dicir, non haberá pasos de peóns, senón que estes poderán camiñar por calquera zona.
• As vías de distribución intégranse nunha categoría intermedia, xa que o tráfico de paso pode empregalas, pero atoparase con interseccións a nivel.
Evidentemente, este é o ideal, e na realidade atoparémonos con situacións nas que non será posible cumprir todas as condicións dunha categoría. Por exemplo, nalgún caso entrará en conflito o acceso ao transporte público coa función de acceso nunha vía de plataforma única. Nese caso deberá tomarse unha decisión de que funcións deben primar na vía.
De cara ao recoñecemento das vías, deberá decidirse a forma de deseñar, sinalizar, etc., cada unha das categorías de forma que os deseñadores que interveñan nos proxectos teñan instrucións claras de como proceder.
Esquema de supermazá, relacionando distintas mobilidades e a rede de espazos públicos
Supermazás en Barcelona Fonte: Ajuntament de Barcelona
Supermazás en Barcelona Fonte: Elaboración propia
Intervenciones a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Medida Estratéxica
Sirve de base para aplicar o resto das medidas do catálogo.
Nivel de Planeamiento
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de Urbanización
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Técnicos da Administración Xeral/Provincial
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración
Modificar a señalización en zonas xa urbanizadas
Esixir que todos os desenvolvementos den continuidad á xerarquización xeral
Desenvolver unha guía de deseño, sinalización e mobiliario urbano para homoxeneizar os diferentes tipos de vías
¿Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
Situación dos nodos principais de comunicación (Accesos, Pontes, estacións de tren e autobuses, etc)
Situación dos nodos de xeración de viajes