EC01 HORTAS URBANAS DE PROXIMIDADE (AGRICULTURA URBANA)
Hortas comunitarias ecolóxicas integradas no medio urbano
Obxectivo
A introdución da Agricultura Urbana no tecido urbano.
Por que?
O desenvolvemento urbano excluíu a actividade hortícola de xeito sistemático. A permanencia de cultivos no interior das cidades foi percibida coma couto ao desenvolvemento, incluso como síntoma de degradación. Esta percepción comeza a cambiar, e na actualidade asístese a un proceso de implantación xeneralizada de hortas de lecer comunitario. Porén, este proceso vén de servirse de espazos de oportunidade, adoito zonas periféricas de dispersión urbana, en paisaxes fragmentadas e indefinidas. Esta visión é limitada, xa que a agricultura urbana pode equipararse a outros usos netamente urbanos que están presenten no corazón das mesmas cidades. Segundo David Arredondo (2014, véxase referencia), a agricultura urbana permite:
►Contacto coa cadea alimentaria (Soberanía Alimentaria): A divulgación dos proxectos de Agricultura Urbana permite que un número importante de cidadáns poida conectar con estes usos. A horticultura e a xardinería teñen a capacidade de ralentizar momentaneamente a vida dos atarefados cidadáns, na súa maioría alleos a este tipo de actividades, e facerlles pensar sobre a importancia dunha boa conexión coa natureza e a produción de los alimentos. O simple coñecemento dos proxectos pode animar a comprar en mercados locais, a ultivar
pequenas hortas en terrazas, a participar nas hortas comunitarias ou a interesarse pola orixe dos alimentos.
►Revitalizar zonas urbanas: A Agricultura Urbana pode converterse en motor de desenvolvemento económico en determinados contextos (Detroit, Urban Agriculture Workgroup). En cidades cun medio físico e un contexto socioeconómico acaído, a produción de alimentos dentro da cidade pode ser unha posibilidade real de negocio. Este concepto de negocio trasládase á creación de redes alimentarias alternativas.
►Completar as funcións dos espazos verdes urbanos: A visión monofuncional dos parques urbanos, orientada ao lecer e deporte non ten que ser única nin continua. Nos casos nos que existan condicións acaídas, pódense incorporar usos hortícolas de xeito temporal ou permanente. Son actividades que aumentan a diversidade urbana e activan usos saudábeis e beneficiosos para a comunidade (terapias de integración y rehabilitación…).
►Xuntar a iniciativa da administración e a activista: A acción política debe fomentar un contexto de inclusión que faga factible a Agricultura Urbana. O espazo é un recurso limitado nas cidades, situacións coma extensións indiscriminadas de céspede, soares a barbeito, descoidados, son reconvertíbeis dende a supervisión da administración, evitando os conflitos que poidan derivar da súa utilización como hortas.
Como?
A través das seguintes modalidades de implantación, concibidas para a súa integración plena no tecido urbano e como uso indispensábel na revisión das prestacións dos espazos verdes na cidade.
►Hortas urbanas en espazo público, en terreos pertencentes á dotación de espazos libres/zonas verdes.
►Hortas urbanas en parcelas urbanas non edificadas, en ‘espazos intermedios’, patrimonio público (PMS o similar), mais tamén en dominio privado baixo actuacións concertadas e tuteladas pola administración.
►Hortas comunitarias autoxestionadas, baseadas no activismo comunitario, son espazos xestados por grupos de cidadáns organizados e lévanse a cabo sen a intervención da administración ou baixo a mínima colaboración.
►Hortas espontáneos, hortas alegais, de iniciativa particular, xurdidos do acordo de usufrutuarios e propietarios, ou no seu caso da ocupación de parcelas abandonadas. Son habituais nas periferias de grandes cidades.
Dando conta destas modalidades de xestión, para a súa implementación pódense seguir os seguintes pasos:
INTERVENCIÓNS A ESCALA DE BARRIO
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Superficie de hortas comunitarias no Sistema de Espazos Libres ou PMS (Patrimonio Municipal de Solo) por habitante (ShHab)
Unidade
m² / hab
Obxectivo mínimo
0,40 m² /hab ou alomenos a demanda expresada
Obxectivo desexable
0,70 m² /hab
Método de medición / Formula
ShHab (m²/hab) = [A / B]
A: m² de hortas comunitarias no Sistema de Espazos Libres ou
PMS (Patrimonio Municipal de Solo)
B: habitantes por barrio/distrito
Nivel de Planeamento
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico
Reforma de espazos comunitarios
Axentes implicados
Técnicos de la administración local
Técnicos de la administración supramunicipal
Gestores de espacios naturales, recursos hídricos, etc.
Asociaciones y cooperativas
Comunidades de vecinos
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Plan Director coherente cos instrumentos de xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU).
• Creación dun órgano xestor coparticipado entre administración actuante e as organizacións de representación veciñal.
• Plan de reutilización de soares vacantes.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
Na primeira implantación avaliarase a dispoñibilidade de solo en calidade suficiente para unha produción sostida e sen riscos para o consumo. Procederase a:
• Investigación do estado inicial, nomeademente presenza de ruínas industriais.
• Análise de solo, mostraxe de solo e augas subterráneas, avaliación de riscos (perigosidade e/ou toxicidade) e necesidades de emendas.
• Descompactación do terreo.
• Plantación inicial, consistente na sementeira e y posterior volteo de especies arvenses (abono verde, principalmente gramíneas, leguminosas e crucíferas, del tipo: Ornithopus sativus, Sinapis alba, Vicia sativa,…)
• Emenda orgánica, consistente no aporte e mestura de compost