EV09 CUBERTAS VERDES
Plantación de cultivos vexetais sobre as cubertas dos edificios
Obxectivo
Aumentar as prestacións térmicas do edificio e a superficie verde capaz de contrarrestalas emisións contaminantes.
Por que?
Permiten reter a auga de choiva, mellorar a súa calidade e retulizacón en usos non consuntivos. Comportan un mínimo mantemento e baixo requirimentos hídricos e actúan sobre diferentes parámetros:
► Espazo verdes e biodiversidade: O verde en altura ofrece novos espazos para potenciala conectividade e a biodiversidade. As cubertas verdes potencian os conectores, que nunha rede de hábitats intermitentes, facilitan o movemento e a dispersión da avifauna na cidade.
► Autosuficiencia enerxética: Nas cubertas dos edificios mellora o illamento térmico e acústico do edificio, e supón un aforro enerxético calefacción/refrixeración. En inverno, para unha temperatura do ar de 0º, a capa superficial do pechamento con revestimento convencional acada una temperatura de 0,2º mentres que baixo cuberta verde é de 4,7º. No verán, para unha temperatura do ar de 18,2º, a capa superficial do pechamento con revestimento pode aumentar a 32º mentres que baixo cuberta verde redúcese a 17,1º (A green roof policy
guidance paper for Dublín, 2008)
► Autosuficiencia hídrica: As cubertas poden ser utilizadas na depuración de augas grises provintes das vivendas, pechando o ciclo hídrico.
► Retención de auga de choiva: A retención afecta cando menos ao 40% de auga, atrasando a súa evacuación en función da pendente e o grosor do substrato. Por exemplo, unha capa de 12cm, atrasa ata 12 horas o inicio do alivio de auga almacenada durante un evento de choiva e segue a aliviala durante cerca de 21 horas.
►Autosuficiencia dos materiais: A presenza de cubertas verdes supón un aumento da superficie potencial de aplicación do material xerado na autocompostaxe do refugallo orgánico, ao seren espazos impermeábeis reverdecidos.
► Adaptación e mitigación do cambio climático: As superficies con cuberta vexetal axudan a mitigalas emisións de CO2 ao fixaren este gas a través do fotosintético. A captura media é de 50g CO2 /m2/ano dependendo da especie e o grosor do substrato.
► Cohesión social: As cubertas verdes adicadas á produción de alimentos constitúen espazos para a xeración de comunidade entre os habitantes a nivel de edificios ou de comunidade de veciños e contribúen ao achegamento dos procesos produtivos ao cidadán.
►Calidade do ar: As cubertas verdes contribúen á mitigación do fenómeno illa de calor.
Como?
Diferenciase tres tipoloxías de cubertas verdes, as extensivas, as intensivas e as semintensivas en función do grosor do substrato vexetal e do sistema construtivo. A estrutura condiciona o tipo de especies que se poidan acoller: dende especies vexetais de pequeno porte coma as do xénero Sedum (crasas e suculentas), as plantas rastreiras e aromáticas, nas cubertas extensivas, cun grosor de substrato de ata 10 cm, ás especies arbustivas e tipo mata, nas cubertas semintensivas de grosores superiores a 10 cm, ata especies de meirande porte coma son árbores e matogueiras nas cubertas intensivas. Baixo o substrato cómpre dispor dunha capa drenante, xeralmente unha lámina de nódulos especial para cuberta axardinada, que mantén certo grao de humidade para permitir o desenvolvemento das plantas e que incorpora unha capa filtrante. A lámina impermeabilizante pode disporse de xeito
convencional, sobre o illante, ou baixo del, en cuberta invertida.
En calquera dos dous casos haberán de utilizarse láminas con protección antiraíces. Nas solucións convencionais poden empregarse outro tipo de illantes sen más limitación que contaren cunha resistencia a compresión superior a 2 Kp/cm². Nas soluciones de cuberta invertida, nas que o illamento vén de situarse por riba da impermeabilización, os
illantes térmicos a empregar terán unha baixa absorción da auga, polo que os materiais indicados son o poliestireno extrusionado (XPS) e o vidro celular (CG).
Convén situar na zona perimetral das cubertas una banda de grixo de 400 milímetros de largo, co obxectivo de recoller os excedentes de auga. Tamén hai que cercalas aperturas e ocos de ventilación da cuberta con material non vexetal (lastros, formigón…), co fin de garantir a protección contra lumes (segundo Código Técnico da Edificación, Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio). Amais, se a superficie vexetada é moi extensa, recoméndase deixar bandas sen vexetación de entre 200 e 400 milímetros que actúen coma cortalumes. En rehabilitacións con cuberta axardinada debe comprobarse que o forxado é quen de resistir as cargas producidas pola capa de substrato, considerando a súa densidade.de grava de 400 milímetros de ancho, con el objetivo de recoger los excedentes de agua.
O proceso de implantación pode ser por plantado directo de sementes ou plantas nunha capa de terra, ou ben colocando sobre “mantos” de vexetación preparados. O custe e mantemento é competitivo para as melloras que fornece. Aínda que é certo que a meirande parte das cubertas en Lugo son inclinadas e sen acceso doado para mantemento,
que pode facer inviábel esta solución, cómpre ter en conta a posibilidade de aplicala en cubertas planas de patios de couzada, en edificios industriais ou do sector terciario. A Escola Politécnica do Campus de Lugo da USC ten desenvolvido un estudo para avaliar especies acaídas para as cubertas en Lugo utilizando especies autóctonas.
Diagrama comparativo de efecto térmico de la cubierta verde sobre la envolvente
Esquema de cuberta verde extensiva con solución de illamento en posición invertida
Walter Reed Community Center. Arlington.
Vendée Historial, les Lucs
Intervencións a escala de edificio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
(I2) Superficie verde
Unidade
(I1) g CO2/ano
(I2) %
Obxectivo mínimo
(I1) 5 g CO2/m² cuberta
(I2) 10% de cuberta
Obxectivo desexable
(I1) 15 g CO2/m² cuberta
(I2) 30% de cuberta
Método de medición / Formula
Δg CO2 = A x B x C
A: % de superficie de cuberta verde
B: Superficie total de cuberta en m2
C: Capacidad de captura de CO2/m2 (en función de la especie)
Establécese un valor mínimo de captación para considerala
fachada como efectiva de 50g CO2/m2 de cuberta/ano
Nivel de Planeamento
Proxecto de construción
Axentes implicados
Equipo de deseño e planificación
Promotores inmobiliarios
Técnicos da administración
Propietarios particulares
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Elaboración dun inventario de tellados planos ou cun limiar de de inclinación inferior aos 30 graos por observación directa ou análise xeográfica da cartografía dispoñíbel para a identificación das azoteas capaces de albergaren cubertas vexetadas no Concello de Lugo.
• Bonificacións sociais e/ou económicas para favorecer a súa implantación.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
As limitaciónes técnicas da edificación:
• O tipo cuberta: Peso, inclinación.
• O tipo edificio: Propiedade e posíbeis restricións normativas en materia de seguridade ou outros tipos restricións de carácter patrimonial.
As limitacións da vexetación:
• Selección do tipo de vexetación acaída ás condiciones climáticas e a especies locais.
• Para garantir o resultado e un crecemento acaído cómpre aboala e instalar un sistema de rego.
• A capa do substrato ten que compoñerse dos nutrintes necesarios para asegurar o crecimiento da vexetación escollida, amais de ser porosa e drenante.