EV03 RÚA ARBORADA
Aliñamentos en rúas/vías en escava continua
Obxectivo
A integración do arborado no sistema viario para a formación de conectores do Sistema Primario de Infraestrutura Verde Urbana (IVU).
Por que?
En termos de artellamento urbano e paisaxístico, a rúa arborada supón un arquetipo, un modo específico de organizar e cualificar a trama urbana, proporcionando a transición de escala entre o usuario e as frontes edificadas, conectividade visual e confort. As prestacións asociadas son:
►Paisaxísticas: O seu meirande recoñecemento aparece referido a importantes modelos urbanos coma paseos, bulevares ou salóns.
►Habitabilidade do espazo público: A cuberta arbórea contribúe á mitigación do fenómeno illa de calor ao ser un eficaz amortecedor térmico e fixar partículas contaminantes.
►Conectividade ecolóxica: A cuberta arbórea constitúe o principal estrato de conexión ecolóxica no conxunto urbano. A continuidade das copas facilita o movemento libre e a dispersión de fauna, principalmente avifauna e entomofauna. Doutra banda, a conectividade vertical queda asegurada pola la incorporación dos estratos intermedios e baixos.
►Ciclo hídrico: A existencia de vexetación obriga á presenza de superficie permeábeis, escava illada ou continua, propiciando la infiltración e reducindo a escorrentía.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: O sistema vexetal constitúe un elemento básico para a fixación de CO2 a través do proceso fotosintético.
►Economía circular: A presenza de arborado implica a xeración de refugallo orgánico de calidade (green waste) para a elaboración doutros produtos derivados coma o compost ou o mulch. As superficies de escava permiten a incorporación destes produtos ao solo como mellora ou mecanismo de control de flora arvense.
Como?
A rúa arborada é o ámbito espacial onde se concentran a meirande parte dos conflitos derivados da relación entre medio urbano e natureza. A integración da infraestrutura gris e a verde na rúa, require un importante esforzo de planificación, deseño, execución y xestión (mantemento).
Nesta solución a árbore aparece coma elemento estrutural básico para a configuración do tramado urbano. Prescíndese completamente do seu emprego en funcións meramente ornamentais, optándose polo arborado de sombra.
Cómpre salientar que a árbore é un ser vivo complexo, composto por un sistema aéreo, toros, pólas e follas, e un sistema subterráneo igualmente xerarquizado de raíces e radículas. O sistema radicular tende a ocupar un área semellante -mesmo superior- á proxección de copa, interactuando no espazo urbano coas bases de los pavimentos circunstantes. As raíces necesitan acceder á humidade e nutrintes do solo, as follas ao carbono aéreo, sen eles as árbores non sobreviven.
►ESPAZO SOBRE SUPERFICIE: A plantación de árbores en conectores do Sistema Primario de Infraestrutura Verde Urbana (IVU) realizarase en franxas de escava continuas (largo mínimo 1,20 m). Deberá terse en conta o porte da árbore e a súa relación cos planos de fachada, procurando relacións de escala e equilibrio. Amais haberá de garantirse a non interferencia das copas no seu estado adulto. Na táboa que segue establécense as dimensións que hai que ter en conta para a consecución dun conector en función do porte arbóreo.
►ESPAZO BAIXO SUPERFICIE: Amais do desenvolvemento aéreo, na disposición da rúa arborada cómpre revisar a compatibilidade das bases do pavimento co desenvolvemento radicular. Ten que ser unha base que estabilice o pavimento, que estimule o crecemento profundo das raíces e que non interfira nas instalacións. A mellor opción -ata o momento- é o solo estrutural, unha mestura de grixo e terra vexetal que forman un sistema Terra-Pedra. Na táboa que segue establécense as dimensión mínimas do oco da escava e as características da sub-base do pavimento.
EXEMPLO ESQUEMÁTICO DE SECCIÓN
DE ALIÑAMENTO EN ESCAVA CONTINUA
A.- Largo de beirarrúa
hc.- Altura libre obstáculos
(pescozo a cruz)
S.- Envergadura de copa contida
a .- Largo mínimo da escava
P .- Profundidade da escava
Remodelación do Passeig de Sant Joan, Barcelona. Lola Domènech Arquitecta
INTERVENCIóNS A ESCALA DE cidade
SOBRE QUE ACTÚA
COMBINACIÓN CON OuTRAS SOLUCIóNS
Elementos de medida
Indicador
(I1) Captura de CO2 (CaCO2)
Unidade
(I1) T CO2 / ano
Obxectivo mínimo
(I1) 0,03 T CO2/ml · ano (densidade 0,20 árbores/m)
Obxectivo desexable
(I1) O correspondente á densidade de árbores máxima posíbel en
función das características específicas da vía/rúa.
Método de medición / Fórmula
(I1) CaCO2 (T CO2·ano) = [A x B]
A: número de árbores en rúa
B: valor de absorción medio (0,15 T CO2/árbore·ano)
Nivel de Planeamento
Planificación territorial
Planificación urbanística
Planes de xestión de recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Xestores de espazos naturais e recursos hídricos
POSÍBEIS ACTUACIÓNS PROMOVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN:
• Plan Director de Arborado Urbano en coherencia cos instrumentos de xestión e planificación da Infraestrutura Verde Urbana (IVU).
• Ordenanza de Paisaxe Urbana referida ao arborado como elemento de urbanización.
• Viveiro municipal.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• A selección do tipo de vexetación acaerá ás condicións específicas de cada espazo (eficiencia, captación de contaminantes, flexibilidade, resiliencia e adaptación,…)
• Non se pode prescindir en ningún caso das demandas funcionais (espazo, infraestrutura e materiais) sobre e baixo superficie.
• A seguridade de utilización das vías/rúas é primordial, garantindo a compatibilidade dos diferentes modos de circulación e a visibilidade de semáforos e sinais.
• El factor tempo debe terse en conta na previsión dos resultad os formais e estéticos. O obxectivo é manter un mínimo equilibrio entre a estrutura natural das árbores, a súa idade e o espazo
dispoñible. O mantemento posterior, nomeadamente a poda, influirá na consecución deste equilibrio.