AG08 CAPTACIÓN E ALMACENAMENTO DE AUGA
Incorporación nos espazos comunitarios de superficies captadoras da auga de choiva e elementos para o seu almacenamento
Obxectivo
A incorporación, ben nos procesos de creación de conxuntos residenciais, ben nos de remodelación de barrios e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos captadores de pluviais, co obxectivo de reverter o proceso de impermeabilización do solo en áreas urbanas. A auga captada é retida e almacenada, xa sexa para ser infiltrada no terreo, acumulándose no subsolo, ou para ser transportada a outros lugares para a súa reutilización. Deste modo posibilitarase unha xestión compartida da auga coma recurso, permitindo aos barrios participar directamente na construción e mantemento das subministracións locais de auga.
Por qué?
Para mitigaren, dende os procesos de creación ou remodelación urbana, os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o malgasto de recursos enerxéticos e hídricos. A progresiva degradación e diminución das reservas de auga doce a nivel mundial, fai necesario tomar medidas que favorezan o aumento da calidade e a cantidade dos recursos hídricos dispoñibles. A transformación dos espazos comunitarios entre bloques, as prazas e xardíns, en lugares de capitación e almacenaxe das escorrentías, fornece os seguintes beneficios:
► A mellora do confort ambiental, regulando a temperatura e a humidade ambiente, e reducindo o efecto illa de calor debido á evaporación da auga acumulada no subsolo.
► A redución do asolagamento debido a choivas torrenciais ao aumentaren as superficies permeábeis e ao deixaren de verquer na rede de sumidoiros o volume de auga acumulado, diminuíndo os caudais da auga de choiva na paisaxe urbana.
► A integración do tratamento das augas de choiva na paisaxe urbana.
► A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa, acadando eficiencias de eliminación de contaminantes próximas ao 70% para hidrocarburos, 50%. para
fósforo, mais do 65% para nitróxeno e máis do 60% para metais pesados (Wilson, S. et al., 2004)
► O aumento dos recursos hídricos dispoñíbeis, coa conseguinte diminución da demanda de abastecemento de auga potábel.
► A autosuficiencia hídrica, utilizando a auga de choiva para usos non consuntivos (la cisterna del WC, a lavadora, a limpeza e o rego do xardín,…) diminuíndo os consumos domésticos de auga potábel e o gasto por vivenda.
► A mellora da sociabilidade, engadindo novos lugares de xuntanza e uso comunitario.
Cómo?
Trátase de transformar a recollida de pluviais actual, que procura a rápida evacuación das escorrentías urbanas a través dun sistema de superficies impermeábeis e embornais conectados ás cloacas, por un sistema que capte a auga das escorrentías urbanas. As dúas principais estratexias relacionadas coa xestión do volume son aumentar a área permeábel ou desviar a escorrentía de superficies impermeábeis cara o sistema de Infraestrutura Verde para o seu almacenaxe.
Algunhas destas solucións e estratexias son:
01 PAVIMENTOS PERMEÁBEIS FILTRANTES
Existen numerosos tipos de pavimentos permeábeis que foron desenvolvidos na ficha AG05. Como estratexia para captar e almacenar auga, son de interese aqueles pavimentos que actúan coma filtro, pero que non infiltran auga no terreo, senón que captan, reteñen en capas subsuperficiais e lévana cara depósitos para usos no consuntivos. Poden chegar recoller un 60% das escorrentías.
02 AMPLIACIÓN DE SUPERFICIES CAPTADORAS,
permanentes ou temporais.
Redeseño da evacuación de baixantes de cuberta ou de elementos anexos á edificación (pérgolas, marquesiñas, etc.) impermeábeis, para dirixiren cara os depósitos os volumes de auga.
03 DEPÓSITOS COLECTIVOS
Son estruturas pechadas que almacenan a auga captada nos espazos comúns, permeábeis ou impermeábeis. Admiten multitude de deseños e materiais, partindo do dimensionado en función da precipitación media da zona onde se localizan. Algún poden mellorar a calidade da auga a través de sistemas de filtración/depuración, mesmo incluír un control del inicio de chea (os 10 primeiros minutos de choiva non se acumulan, limpando a superficie captadora de contaminantes).
Poden ser:
• Depósitos soterrados para captación por gravidade e uso a través de bombeo.
• Depósitos superficiais
Urbanización de Can Cortada, Barcelona Fuente: www.GreenBlueManagement.com
Georgetown University’s Pedro Arrupe, S.J. Hall, 2016.
Canal Park, Washington, District of Columbia Fuente: https://www.landscapeperformance.org/case-study-briefs/canal-park
Intervencións a escala de barrio
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
I1: Redución de consumo enerxético por captación da auga de choiva (ΔCE)
I2: Autosuficiencia Hídrica
Unidade
I1: m2 de superficies captadoras → ∆CE
I2: % de reducción de auga facturada
Obxectivo mínimo
I1: >60% de m2 cubertas captadoras
I2: 5% Diminución do volume de auga facturada
>35% AH para usos non consuntivos
Obxectivo desexable
I1: >95% de m² cubertas captadoras
I2: 15% Diminución do volume de auga facturada
>50%AH para usos non consuntivos
Método de medición / Fórmula
I1:∆CE: [ A x B]
A: m3 captados
B:Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
I2:AH (%): [A / B] x 100
A: potencial recollida pluviais
B: consumo auga total
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico (prazas aparcamento, viario, etc.)
Plans de mobilidade
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Bonificacións sociais e/ou económicas para favorecela súa implantación.
Proposta normativa que incorpore á ordenanza urbana actual, artigos ou normas relativa ao aforro e á eficiencia no uso da auga.
Conversión dos centros públicos en lugares de “boas prácticas”, coma exemplos dun uso eficiente da auga ao resto da cidadanía.
Substitución do meirande número posíbel de m³ de auga potábel por auga reutilizada cun tratamento terciario.
Elaboración dunha base de datos sobre as características dos usuarios, o seu consumo e as instalacións dispoñíbeis.
Minimizar as avarias, a través dun bo mantemento, e a perda de capacidade drenante.
Nos procesos de urbanización e reforma do mantemento do espazo público, incluíranse elementos prefabricados de doada colocación.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
O réxime hídrico da zona.
As necesidades de auga non potábel dos comunitarios.
Os depósitos de auga superficial dependendo do deseño poden ser pouco atractivos na paisaxe urbana.
Son necesarias tarefas de mantemento e limpeza.