AG07 RETENCIÓN E DEPURACIÓN
Incorporación nos procesos de urbanización de elementos retención e depuración da auga de choiva
Objetivo
A incorporación, ben nos procesos de nova urbanización, ben nos de remodelación de rúas e de espazo público ou comunitario, de superficies e elementos de retención, depuración e almacenamento de pluviais.
¿Por qué?
Para mitigaren, dende os procesos de creación ou remodelación urbana, os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o malgasto de recursos enerxéticos e hídricos. Fornecen os seguintes beneficios:
► A mellora do confort ambiental, regulando a temperatura e a humidade ambiente, e reducindo o efecto illa de calor debido á evaporación da auga acumulada no subsolo.
► A redución dos volumes de escorrentía e caudais punta que terminan por chegar á rede de colectores e a estación depuradora e evitala sobrecarga da infraestrutura de saneamento.
► A integración do tratamento das augas de choiva na paisaxe urbana.
► A protección da calidade da auga, reducindo os efectos da contaminación difusa.
► A mellora da saúde da vexetación urbana
¿Cómo?
Trátase de transformar a recollida de pluviais actual, que procura a rápida evacuación das escorrentías urbanas a través dun sistema de superficies impermeábeis e embornais conectados ás cloacas, por un sistema que reteña e filtre a auga das escorrentías urbanas. Son acaídos para aqueles lugares onde as condicións do terreo (escasa permeabilidade, contaminación do terreo, infraestruturas ou instalacións soterradas existentes, restos patrimoniais, risco para os alicerces dos edificios, etc.) non favorezan a infiltración directa da auga no subsolo.
A auga almacenada favorece o crecemento da vexetación e en combinación con outros elementos de almacenamento, pode ser utilizada para usos non consuntivos.
ESQUEMA DE DRENAXE: RETENCIÓN-FILTRACIÓN NA RÚA CON REBORDADOIRO Á REDE DE SUMIDOIROS
Proxecto de urbanización do estadio Wanda-Atlético Metropolitano, viais e aparcamento
Intervencións a escala de rúa
Sobre que actúa
Combinación con otras soluciones
Elementos de medida
Indicador
Redución de consumo enerxético por infiltración ou captación da auga de choiva (ΔCE)
Indicador Secundario
% de superficies de retención no espazo libre (calzadas, aparcamentos, etc.)
Unidade
m2 de superficies de retención → ∆CE
Obxectivo mínimo
>60% de m2
Obxectivo desexable
>95% de m2
Método de medición / Fórmula
ΔCE: [ A x B]
A: m³ (retidos ou depurados). Depende da solución
B: Consumo enerxético en MWh por cada m³ tratado na EDAR
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación urbanística
Plans de reforma de espazo publico (prazas aparcamento, viario, etc.)
Plans de mobilidade
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN
Nos procesos de urbanización e reforma do mantemento do viario e o espazo público, incluíranse elementos prefabricados de doada colocación.
Minimizar a perda de capacidade drenante a través dun bo mantemento
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
A presenza de servizos soterrados, coma fibra óptica, cables eléctricos e telefónicos, ou canos de drenaxe.
Mantemento de limpeza do espazos público.
A presenza no subsolo de resto con precaución arqueolóxicas ou medioambientais.