AG01 DESEÑO DE REDE/DRENAXE NATURAL
Rede de drenaxe de pluviais a través de sistemas baseados na natureza
Objetivo
Mellora a xestión integral do ciclo da auga.
¿Por qué?
Para unha xestión integral dos recursos, non do seu consumo.
Dende os proceso de deseño de novas intervención ou remodelación urbana precisamos mitigar os efectos do cambio climático, moderando a subida da temperatura do planeta e o desperdicio de recursos enerxéticos e hídricos, traballando nunha planificación de escenarios e un catálogo de soluciones multiescalares, flexíbeis e de baixo risco.
O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático (PNACC) sinala unha tendencia xeral cara temperaturas máis altas e menos choiva, que producirán:
• Redución xeral da auga dispoñíbel, de entre un 5 a 14% para 2030 considerando un aumento de temperatura de 1ºC e una caída na precipitación do 5%, que poderían aumentar ao 20–22% para finais de século.
• A variabilidade hidrolóxica, aumentando simultaneamente o risco de lances torrenciais e asolagamentos, o que diminuirá a calidade da auga bruta e xerará riscos para a calidade da auga potábel mesmo co tratamento convencional, debido aos factores que interactúan: aumento da temperatura; aumento das cargas de sedimentos, nutrintes e contaminantes debido ás fortes choivas; meirande concentración de contaminantes durante as secas; e interrupción do funcionamento das instalacións de tratamento durante as enchentes.
¿Cómo?
A través dunha infraestrutura urbana-hidráulica-paisaxística cuxa misión é captar, filtrar, almacenar, reter, transportar e/ou infiltrar no terro a auga, de forma que non sufra ningún estrago e incluso permita a eliminación/ depuración, de forma natural, de polo menos parte da carga contaminante que houbera de adquirir por procesos de escorrentía urbana previa.
Todo ilo tratando de reproducir, de xeito máis fielmente posible, o ciclo hidrolóxico natural previo á urbanización, co fin de xestionar mellor o problema da escaseza de auga (seca) ou o excedente (asolagamento) en contornas urbanas.
Actúan sobre diferentes parámetros:
► Vantaxes para o usuario:
• Mellora dos espazos urbanos para a xente e a natureza, axudando a evitar o efecto illa de calor
• Redución do consumo enerxético
• Mellora da calidade do ar e a saúde
• Incremento do valor do solo e a propiedade
► Vantaxes para a administración pública:
• Control da cantidade de escorrentía e o risco de asolagamento
• Aumento dos volumes de auga de chuvidiza reutilizada: menos consumo no tratamento/abastecemento de auga potábel
• Redución dos influentes ás EDAR: menos consumo no transporte/tratamento
• Mellora da calidade das escorrentías: menos consumo no tratamento
• Rexeneración de zonas degradadas
► Vantaxes para o medio ambiente:
• Regulación do ciclo hidrolóxico
• Mellor adaptación ao cambio climático
• Prevención da contaminación das augas superficiais e subterráneas
• Incremento da biodiversidade
• Mellora da calidade do solo
Esquema de rede separativa
Esquema de rede separativa e recuperación de cauces de Vitoria. Fonte: CEA (Centro de Estudios Ambientales del Ayuntamiento de Vitoria•Gasteiz)
Transformación dun sistema unitario de saneamento nun separativo, mediante sistemas de DUS.
Fonte: Proyecto de Urbanización de la Marina del Prat Vermell. Barcelona. Primera Fase. ESTEYCO.
Intervencións a escala de cidade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Estratéxica
Indicador Secundario
% de rede separativa
Unidade
%
Obxectivo mínimo
50% de cobertura de rede separativa
Recuperación dos leitos fluviais urbanos
Obxectivo desexable
100% de cobertura de rede separativa
Método de medición / Fórmula
(I2) = [A / B] x 100
A: Lonxitude rede separativa
B: Lonxitude total de rede
NIVEL DE PLANEAMENTO
Planificación territorial
Planificación urbanística
Plans de xestión dos recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración provincial/xeral
Xestores de espazos naturais, recursos hídricos, etc.
POSIBEIS ACTUACIÓNS IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN:
Converter os centros públicos en lugares de “boas prácticas”, coma exemplo dun uso eficiente da auga ao resto de la cidadanía.
Substituír o meirande número posíbel de m³ de auga potábel por auga reutilizada cun tratamento terciario.
Elaborar unha base de datos sobre as características dos usuarios, o seu consumo e as instalacións dispoñibles.
Minimizar as avarías, a través dun bo mantemento.
Realizar una proposta normativa que incorpore a ordenanza urbana actual, artigos ou normas relativas ao aforro e a eficiencia no uso da auga.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
As dimensións e características da rede unitaria existente.
A orografía do terreo (microbacías).
A composición do solo (índice de permeabilidade, existencia de elementos contaminantes -antigos botadoiros urbanos/industriais-, risco de escorregamentos ou modificación das condiciones de cimentación da edificación ou as infraestruturas, etc.).
Os leitos fluviais, lagos, acuíferos, ou outros elementos que poidan ser receptores das escorrentías urbanas.