EV01 SISTEMA PRIMARIO DE INFRAESTRUCTURA VERDE URBANA (IVU)
Planificación dunha rede básica e interconectada de espazos e elementos verdes
Obxectivo
A planificación dunha rede primaria interconectada de espazos e elementos verdes que adquiran unha funcionalidade ecosistémica, sendo esta rede transferible ao planeamento urbanístico e instrumentos que interveñen no deseño e xestión do espazo público.
¿Por que?
A Infraestructura Verde Urbana (IVU) procura a mellora e potenciación dos servizos ecosistémicos da cidade. Inclúe os espazos verdes urbanos (arborado viario, parques e xardíns, zonas verdes deportivas, hortas urbanas….), outros elementos seminaturais ou artificiais (fachadas e cubertas verdes, xardíns de choiva, pavimentos permeábeis…) e incorpora novos deseños e formas de xestión que emulan os procesos naturais e melloran a biocapacidade urbana. A infraestrutura verde é planificación, e por tanto parte duns obxectivos, tomando como referencia o modelo desenvolvido en Vitoria-Gasteiz.
►Biodiversidade: A IVU pretende incrementar a conectividade espacial.
►Servizos ecosistémicos: A IVU potencia os procesos de metabolismo urbano máis próximos aos procesos naturais, diminuíndo o consumo de recursos naturais.
►Ambiente urbano saudábel: A IVU procura crear ambientes que favorezan la saúde, o benestar colectivo e a habitabilidade xeral da cidade.
►Adaptación e mitigación do cambio climático: A IVU pretende mitigar as illas de calor, favorecer a fixación de CO2 polo proceso fotosintético, incrementar a resiliencia do hábitat urbano e reducir a súa vulnerabilidade.
►Sociabilidade: A IVU promove a polivalencia dos espazos públicos, aumenta as oportunidades de lecer e esparexemento, incrementa a accesibilidade e as conexións entre o medio urbano e o rural, conserva a herdanza cultural e as paisaxes tradicionais e fomenta o sentido de identidade e pertenza.
►Sensibilización: A IVU establece e comunica unha determinada relación natureza-biodiversidade e sociedade, e en particular, sobre os bens e servizos dos ecosistemas, incluída a súa valoración económica.
►Economía: A IVU contribúe ao desenvolvemento económico a través do emprego verde.
¿Cómo?
Definindo un Sistema Primario de Infraestrutura Verde Urbana formado polos seguintes elementos (Modelo Vitoria-Gasteiz)
►Elementos núcleo: Espazos cun un alto grao de naturalidade e bo estado de conservación, adxacentes á cidade.
►Nodos: Espazos verdes emprazados no interior da cidade que por tamaño e/ou localización, constitúen pezas básicas estruturantes do sistema verde urbano.
►Conectores: Elemento de carácter liñal cuxa función principal é facilitar a conexión entre os elementos núcleo e os nodos.
Este Sistema Primario, que daría soporte e nutriría ao resto de espazos verdes e á propia cidade, concíbese a modo de proposta técnica sobre a que avanzar, permitindo a incorporación doutras visións e enfoques sectoriais que axuden a enriquecelo. Os elementos susceptíbeis de conformaren este sistema son aqueles coa potencialidade de cumprir todas ou algunhas das funcións ecosistémicas que lles son propias. Na cidade, todas as zonas verdes, tanto parques urbanos coma espazos intersticiais asociados aos viais ou equipamentos de servizos, así como soares baleiros que -aínda carentes de vexetación- presentan solos permeábeis, poden integrarse na Infraestructura Verde.
Na táboa que segue expóñense os compoñentes do Sistema Primario clasificado por elementos.
EN1_Río Rato – A Chanca
N1_Parque de Rosalía
C1_Ronda de Fingoi
Intervencións a escala de ciudade
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
(I1) Superficie verde por habitante.
Unidade
(I1) SvHab (m²/hab)
Obxectivo mínimo
(I1) SvHab > 10 m² / hab
Obxectivo deseable
(I1) SvHab > 15 m² / hab
Método de medición / Fórmula
(I1) SvHab = [A / B]
A: superficie verde total (m²)
B: número de habitantes
Nivel de Planeamento
Planificación territorial
Planificación urbanística
Planes de xestión dos recursos naturais
Axentes implicados
Técnicos da administración local
Técnicos da administración supramunicipal
Xestores de espazos naturais ou recursos hídricos
Posibles actuacións impulsadas pola administración
• Programa de comunicación e sensibilización dirixido á cidadanía e a diferentes axentes sociais para fomentar a súa participación na definición do Sistema e no establecemento das medidas e transformacións urbanas.
• Integración no planeamento urbanístico nas súas diferentes escalas.
• Transformación e mellora dos elementos do Sistema, a través de intervencións adaptadas a cada espazo e que garantan a súa funcionalidade.
• Sistema de seguimento periódico que permita coñecer os beneficios aportados polo Sistema a avaliala efectividade das medidas e actuacións practicadas.
QUE HAI QUE TER EN CONTA PARA A SÚA IMPLEMENTACIÓN?
• É unha ferramenta para encarar os problemas ambientais a través de diferentes solucións baseadas en procesos naturais.
• A biodiversidade é o cerne da Infraestrutura Verde.
• A escolleita do tipo de vexetación terá en conta as condicións climáticas e as especies locais.
• Promove a creación de redes ecolóxicas a diferentes escalas.
• Require unha planificación espazo-temporal e un deseño acaído.
• Basease na colaboración entre diferentes axentes: políticos, xestores e cidadanía.