AC08 CAMIÑO SEGURO /CAMIÑO ESCOLAR
Mellora das condicións de seguridade nos espazos públicos e desenvolvemento de itinerarios peonís seguros
Objetivo
►Xenérico: pensar, planificar, proxectar e manter as cidades contando coas mulleres ao poñer o foco naquelas tarefas asignadas tradicionalmente ás mulleres e que non foron tidas en conta nin por políticas nin plans urbanos. É dicir que a valorización das tarefas da reprodución sexa igual ás da produción.
►Específico do camiño escolar: crear unha rede de itinerarios seguros para que os nenos póidan ir camiñando ou en bicicleta nos seus traxectos diarios, especialmente aos centros docentes.
¿Por qué?
As cidades foron tradicionalmente proxectadas e construídas por homes, ao dominar os procesos de toma de decisións. Por esta razón, no deseño da cidade e no seu modelo de crecemento se facilitaron as tarefas produtivas e as actividades económicas, en detrimento das tarefas reprodutivas e de coidados da sociedade que non se valoraron nin favoreceron. A aptitude, o desfrute e a seguridade dos espazos públicos (rúas, prazas, itinerarios en xeral) consideráronse secundarios. Os máis afectados por esta situación son os colectivos máis vulnerables por estar afastados desa estrutura de poder, especialmente as mulleres, usuarias do espazo público en maior medida. A corrección dese escenario require, sobre todo, da participación da muller na toma de decisións sobre a configuración do espazo público. Algúns dos principais aspectos que se subliñan coa incorporación da perspectiva feminina son os seguintes:
• A xeración de espazos seguros que preveñan situacións perigosas para elas e os seus fillos.
• O predominio dos usos peonís, a accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónica.
• A diversidade de funcións que eviten desprazamentos innecesarios.
• Adecuación do transporte público ás necesidades específicas das mulleres.
Outro colectivo afectado por esa situación son os mozos e nenos. Chegamos a convencernos de que o modo de desprazamento óptimo é o individual en vehículo propio porque a cidade deseñouse para favorecer ese fluxo. E engádese a esa deriva a percepción errónea de que a cidade é cada vez máis insegura. Esa percepción retroaliméntase co mantemento desa estrutura de mobilidade dominante que resulta ser a causa principal da percepción de inseguridade.
A solución sustentable que se aborda nesta ficha é a do camiño escolar como un exemplo de camiño/itinerario seguro xenérico por ser máis cuantificable en canto a repercusión sobre o medioambiente urbano por contaminación e consumo enerxético, sen esquecer os seus beneficios sociolóxicos. Os proxectos de camiño escolar estudan as necesidades de mobilidade dos nenos co fin de crear unhas condicións axeitadas para os seus desprazamentos cotiáns, en particular aos centros educativos.
Implantando esta medida incídese en moitos aspectos ambientais, formativos, de participación e de implicación pública:
• Aumentar a autonomía infantil.
• Incrementar o número de menores que acoden a diario camiñando ou en bicicleta ao colexio.
• Reducir o número de vehículos privados que a diario transportan nenos/ as ao colexio.
• Transvasar viaxes de vehículos privados a transporte público cando as distancias son grandes.
• Favorecer que os menores acudan en compañía de amigos/ as e compañeiros.
¿Cómo?
Os proxectos de camiño escolar levan implícito o desenvolvemento dun programa docente interdisciplinar, que combina traballo de aula con accións sobre a contorna para a resolución de problemas e a mellora ambiental. Un camiño escolar pode ter diferentes plantexamentos e propostas, dependendo do territorio ou contorna onde se aplica e da implicación dos diferentes axentes afectados: alumnado, pais e nais, administración, veciñanza e organizacións cidadás e mesmo o profesorado. É unha iniciativa con longo percorrido en moitas cidades europeas e de recente implantación nas españolas.
Existen diferentes guías de planificación que explican o proceso de xestión dun camiño escolar e expoñen as diferentes opcións (peonil /ciclista / en transporte público) e diferentes experiencias. O guión do proceso estrutúrase nas seguintes fases:
►Fase 1. Estudos previos.
• Definición do proxecto e obxectivos.
• Creación dunha comisión técnica.
►Fase 2. Diagnose.
• Análise de hábitos de desprazamento.
• Elaboración de mapas con itinerarios.
• Identificación de problemas e causas.
►Fase 3. Elaboración do plan e proposta de actuación.
• Proposta de mellora das condicións de mobilidade nos itinerarios.
• Proposta de organización dos itinerarios.
• Calendario e recursos.
►Fase 4. Seguimento e avaliación
Trátase de localizar un ou varios percorridos que poidan aglutinar a un bo número de escolares desde determinados nodos de comunicación ata o colexio. Pode organizarse desde o colexio, a administración ou os propios pais ou nenos interesados. Unha vez elixido o percorrido é recomendable identificar os puntos de posibles conflitos de seguridade viaria. Se a administración está disposta, pódenselle expoñer as reformas de sinalización ou de urbanización. Tamén se pode contar coa implicación doutros axentes, como poden ser as persoas que rexentan comercios situados ao longo do percorrido, seguindo as experiencias inspiradas nos traballos de Francesco Tonucci.
O principal obstáculo é que vivimos nunha sociedade onde impera o medo ou desconfianza. Hai unha percepción xeneralizada de que a rúa é un lugar perigoso para os pequenos. Pero precisamente o tráfico é responsable dunha parte importante deste temor. Nun proceso perverso de perda de habitabilidade e apropiación comunitaria do espazo público, a rúa vaise percibindo, cada vez máis, como un espazo residual onde poden aparecer todo tipo de perigos e onde nada bo pode pasar. Con todo, no noso país, os datos non reforzan ese temor. Na implantación de estos proxectos se debe loitar contra esas reticencias mediante o convencemento da relevancia das melloras que se obteñen a todos os niveis.
Walking School Bus. Fonte: University of Salford Press Office
O itinerario planificado de camiño escolar pode ser peonil, en bici ou en transporte público. Fonte: www.streetfilms.org
Intervenciones a escala de barrio
Sobre qué actúa
Combinación con otras soluciones
Elementos de medida
Indicador
Primario: Redución emisión CO2
Secundario: % de paso viaxes en VP a camiño escolar
Unidade
g CO2
% de alumnos que cambian de viaxes en VP a camiño escolar
Obxectivo mínimo
20 %
Obxectivo desexable
50 %
Método de medición / Formula
Enquisa de mobilidade
∆g CO2=A x [B-C] x D
A: % de viaxes VP → Bici/VMP/pie
B: Factor de emisión de CO2 de un vehículo privado (g CO2/km)
C: Factor de emisión de CO2 de una bici/VMP/pie (g CO2/km)
D: total de km recorridos
Axentes implicados
Particulares
Colexios
Asociacións de pais e nais
Técnicos municipais
Posibles actuacións impulsadas pola administración:
Desenvolvemento de campañas de concienciación
Redacción de proxectos de urbanización que recollan melloras nos puntos conflitivos nos itinerarios seguros
Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
Implicación do maior número posible de axentes: administración, pais, colexios, asociacións.
Implicación de técnicos que analicen os itinerarios para configurar unha rede óptima.