27
Xan 2017
Aprobado o primeiro proxecto do plan LIFE Lugo + Biodinámico, unha plantación de castiñeiros
A Xunta de Goberno Local aprobou onte a plantación de castiñeiros nunha parcela municipal de 3,6 hectáreas, situada no polígono industrial das Gándaras, e que supón o primeiro proxecto do plan Lugo+Biodinámico, que conta con fondos do programa LIFE da Unión Europea.
O portavoz do goberno local, Miguel Fernández, explicou que esta plantación, que ten un orzamento de 28.800 euros e un prazo de execución de seis meses, contará con variedades galegas recomendadas para esta comarca, segundo as indicacións do persoal da USC que participa no proxecto. Realizarase tamén un peche perimetral con portas de madeira para permitir o fácil acceso. Ademais, na leira, haberá dous paneis descritivos, papeleiras e bancos de madeira.