Alumnado de Xuvenciencia visita Impulso Verde
Como en anteriores edicións, o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico participa na 10ª edición do Campus de Verán Xuvenciencia destinado ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC, que se celebra no Campus Terra de Lugo.
Os días 5 e 6 de xullo o alumnado realizou unha visita ao edificio Impulso Verde, durante a que se destacaron as vantaxes deste proxecto de edificio bioclimático e de baixo consumo enerxético, construído con estrutura completa de madeira local. Recibiron información de primeira man por parte de persoal do proxecto sobre o seu deseño, as estratexias pasivas de captación de CO2, a súa construción prefabricada, e as instalacións térmicas de baixo consumo.
Esta visita permitiulles coñecer e reflexionar sobre unha forma de construción sostible, que apoia ao sector forestal galego, promove a xestión forestal sostible, e colabora na mitigación e adaptación ao cambio climático.