O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico reanuda as actividades do seu Foro Verde cunha presentación celebrada este pasado día 24 de novembro na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, en Lugo. O obxectivo do Foro Verde, paraugas baixo o que se recollen as diferentes actividades divulgativas arredor do proxecto que se están a celebrar na cidade de Lugo dende hai uns anos, é dar a coñecer o desenvolvemento e o beneficio que as accións do LIFE Lugo + Biodinámico teñen tanto no presente da cidade coma no futuro.

Neste caso a presentación tivo lugar no Seminario 3 do Pavillón da ampliación da EPS de Lugo e a ela asistiron as alumnas, alumnos e profesorado de Servizos Urbanos I, materia do Grao de Enxeñaría Civil. Durante esta presentación puideron coñecer de man dos socios do proxecto os beneficios do Catálogo de Solucións de Deseño Urbano, o Barrio Multiecolóxico e a Planificación de Zonas de Confort Climático Residencial que se proxectan dentro do proxecto.

Podes ver imaxes da presentación nesta galería:

Tags: