LIFE Lugo + Biodinámico é un proxecto europeo impulsado polo Concello de Lugo, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, que aproveita o uso de recursos naturais propios e potencia a economía verde.
Entre as medidas desenvolvidas figuran a construción do primeiro edificio público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro Barrio Multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións de deseño urbano, actuacións demostrativas exportables a outras cidades europeas. Inclúe tamén a creación de espazos divulgativos para a comunidade científica e a sociedade en xeral, coa creación dun bosque urbano no que destacan especies arbóreas e arbustos autóctonos que amosan o uso potencial das mesmas para o desenvolvemento dun urbanismo sostible de acción polo clima.
Este encontro celebrarase no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo en formato híbrido (telemático e presencial). O aforo presencial está limitado a 75 persoas.
• Presentación Institucional a cargo de:
Representante institucional do Concello de Lugo.
Representante institucional da Deputación de Lugo.
Representante institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
Representante institucional da Universidad Politécnica de Madrid.
• Presentación da Iniciativa Pacto dos Alcaldes.
Meline González-Piloyan. Project Coordinator and Policy Advisor. Covenant of Mayors.
• Presentación dos obxetivos do Encontro.
Boris Hinojo. Xerente do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
• Barrio Multiecolóxico. Plan Estratéxico Biodinámico LIFE Lugo + Biodinámico.
José Alonso. Arquitecto.
• Planificación de zonas de confort climático residencial.
Rubén Nieto Seijas. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Xerente Terravanza
Roberto Pardo Barro. Dr. Arquitecto. Redactor colaborador. Profesional independente.
• Catálogo de Solucións de Deseño urbano sostible LIFE Lugo + Biodinámico.
Jesús Ángel Martínez Espiñeira (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos)
Jorge Gómez Cereijo (Arquitecto)
• LIFE CerSuds, Sistema Urbano Drenaxe Sostible.
Javier Mira. Coordinador da área de Hábitat do Instituto de Tecnología Cerámica.
• Proyecto HOOP: Hub de cidades circulares para impulsar as inversións en tecnoloxías de valorización de correntes residuais urbanas.
Maria Tortosa. Responsable do proxecto e Project Manager en Cetaqua.
• LIFE Water Cool.
Lucas Perea Gil. Xefe de Cooperación e Fondos.
• LIFE Lungs.
Inês Freire. Xerente do proxecto (Câmara Municipal de Lisboa)
• Bosque urbano As Gándaras LIFE Lugo + Biodinámico.
Antonio Rigueiro. Catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela.
• As hortas urbanas no proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
Luis Ruiz García. Profesor Titular na Universidad Politécnica de Madrid.
• Edificio Impulso Verde. LIFE Lugo + Biodinámico.
Belén Feijóo. Arquitecta. Técnico superior de investigación en PEMADE-USC (Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela).
• LIFE Wood for Future.
Manuel Guaita. Director de PEMADE.
• Certificación FSC.
Gonzalo Anguita. Director Executivo FSC España.
• Presentación das diferentes accións demostrativas desenvolvidas na contorna das Gándaras de Lugo para a creación do denominado bosque urbano das Gándaras. Realizarase un percorrido guiado a través das diferentes áreas: a área de frondosas autóctonas, de cultivos enerxéticos, o souto, o arboretum e o humidal das Gándaras-Ceao.
• Presentacións a cargo dos responsables do Concello de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Politécnica de Madrid.
• Localización: https://goo.gl/maps/xY8HVuSSjRSuffCy7
• Durante a visita ao edificio presentaranse aspectos da súa construción, os seus materiais e a súa eficiencia enerxética, prestando especial atención á construción con madeira. También se explicarán aspectos da urbanización do edificio, o Barrio Multiecolóxico e das futuras hortas urbanas na zona.
• Presentacións a cargo dos responsables do Concello de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Politécnica de Madrid.
• Localización: https://goo.gl/maps/KfZmqefqE9rgDR387