A cidade de Lugo aposta pola construción en madeira grazas ao exemplo do LIFE Lugo + Biodinámico
O LIFE Lugo + Biodinámico establece, entre outras accións o obxectivos, o compromiso de sentar as bases da construción sostible na cidade de Lugo e servir, deste xeito, de modelo construtivo e de adaptación ao cambio climático para outras cidades europeas de tamaño medio.
Para conseguilo, dentro do proxecto establécense iniciativas coma o edificio Impulso Verde ou o o Catálogo de Solucións Urbanas GUD Lugo que marcan os estándares de construción sostible que aplica o proxecto e que se poden replicar no resto da cidade. A partir deste modelo se levanta o novo hotel de Santo Domingo, construído de xeito integral en madeira.
O pasado 13 de outubro a alcaldesa de Lugo visitou os traballos de construción deste hotel, para valorar o proceso construtivo do mesmo. Alí Lara Méndez puxo en valor o proxecto LIFE e declarou que o Impulso Verde “non só goza de prestixio nacional e internacional senón que tamén é un exemplo e un referente para a iniciativa privada” e que este modelo “resulte inspirador para os promotores locais que deciden apostar por este material para executar os seus proxectos co valor engadido que achega en canto sostibilidade e a eficiencia enerxética pero tamén á vangarda urbanística”.