O venres 23 de setembro, dentro da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima celebrada en Málaga, o Barrio Multiecolóxico recibiu o Premio Boas Prácticas Locais polo Clima.

O Barrio Multiecolóxico do LIFE Lugo + Biodinámico, como modelo de resiliencia urbana, obtivo o segundo premio na categoría “Adaptación ao cambio climático”, sendo o único municipio galego galardonado neste certame. É a segunda ocasión na que o proxecto é premiado pola Federación Española de Municipios e Provincias, tras recibir o pasado ano o premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade polo traballo de recuperación do humidal das Gándaras.

Este galardón foi entregado na cerimonia de premios do IX Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP, e foi recollido polo tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

Tags: