O Congreso Internacional SIPS celebrou no outono do ano pasado a súa XXXIII edición, con Lugo como emprazamento principal. O Congreso, organizado pola Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, tivo como eixo principal da última edición a sostibilidade, baixo o título “Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade: construíndo a transición ecolóxica”.

A Acta correspondente á intervención do pasado 5 de novembro na que se presentou o LIFE Lugo + Biodinámico está xa dispoñible na nosa páxina web, e para descarga a través desta ligazón.

Esta palestra levouse adiante da man de Antonio Rigueiro, catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra e un dos socios do proxecto. Esta palestra “Experiencias de Educación Ecosocial“, contou coa presentación “O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico como experiencia de educación ecosocial” e puido seguirse de xeito presencial dende Lugo e vía streaming a través de Youtube.

Tags: