O LIFE Lugo + Biodinámico, galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima da FEMP
O proxecto de planificación do Barrio Multiecolóxico do LIFE Lugo + Biodinámico foi galardonado co segundo premio da IX edición do Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP.
O LIFE Lugo + Biodinámico foi galardoado neste certame na categoría “Adaptación ao cambio climático”. Esta é a segunda ocasión consecutiva na que a Federación Española de Municipios e Provincias recoñece o traballo que dende o proxecto se está a desenvolver. No 2021 o LIFE recibiu o Premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade pola recuperación do humidal das Gándaras. Naquela ocasión, a recuperación do bosque de ribeira, un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico.
O premio será entregado ao Concello de Lugo durante un acto que terá lugar no marco da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima que se celebrará en Málaga, o 23 de setembro.