Novas visitas escolares ao Impulso Verde
O pasado venres 18 de febreiro tivo lugar unha nova visita académica ao edificio Impulso Verde.
Esta visita celebrouse dentro das actividades que se están a desenvolver para dar a coñecer este edificio pioneiro, o primeiro edificio público de Galicia construído integramente en madeira galega, que suporá o primeiro paso para desenvolver o futuro Barrio Multiecolóxico. O Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela foi o protagonista desta visita, na que o alumnado do Ciclo Superior de Deseño e Moble e o profesorado puideron observar en persoa os avances e características que convirten ao Impulso Verde nun modelo a seguir tanto na construción coma en termos de habitabilidade, sendo un símbolo da transformación social, medioambiental e económica da cidade.
O edificio recibirá novas visitas académicas e profesionais programadas para as vindeiras semanas, das que daremos conta a través desta web.