O martes 21 de setembro comeza unha nova edición de Rebuild, o Congreso sobre Construción e Arquitectura Avanzada máis importante dos celebrados no noso país. A esta edición, que se celebrará entre os días 21 e 23 de setembro no recinto de IFEMA (Madrid), está convidado o LIFE Lugo + Biodinámico.

Rebuild é, a día de hoxe, a principal plataforma de innovación e o foro onde dinamizar o sector da construción. En palabras dos seus organizadores, “un lugar no que o profesional do sector dispón dun entorno especializado onde atopar os elementos máis actuais en materiais, solucións e servizos” para a arquitectura e a construción.

O mércores 22 participarán no marco dos encontros profesionais do Congreso o profesor da UPM e socio do proxecto, Antonio José Lara e Gonzalo Anguita, Director executivo de FSC España, na mesa redonda “Nueva arquitectura con madera. Hacia la descarbonización de la construcción“, na que falarán do exemplo do edificio Impulso Verde como modelo de edificio levantado en madeira certificada e de Galicia.

Neste congreso celebraranse, ademais, os Advanced Architecture Awards 2021, uns premios destinados a recoñecer o traballo e liderado das empresas e iniciativas que apostan pola transformación e a innovación, xerando novos materiais, desenvolvendo produtos alternativos aos actuais, equipos máis eficientes e sistemas de edificación sostibles e facilmente industrializables.

Tags: