A 15ª edición de CONAMA, que estaba prevista para o pasado 2020, celebrarase entre os días 31 de maio, e 1, 2 e 3 de xuño deste 2021. Esta edición do Congreso Nacional de Medio Ambiente terá como temáticas principais a loita contra o cambio climático, a adaptación enerxética, a mobilidade e a biodiversidade.

O LIFE Lugo + Biodinámico participará no primeiro día destas xornadas dentro da palestra “Proyectos y estrategias de renovación urbana en ciudades españolas“, que terá lugar o 31 de maio a partir das 18h. Nesta palestra faranse diferentes presentacións de cidades españolas con proxectos, iniciativas ou estratexias para acadar un modelo urbano sostible e que mellore a calidade de vida dos seus habitantes.

O proxecto LIFE estará representado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, baixo o epígrafe “LIFE Lugo + Biodinámico. Lugo como modelo de urbanismo sostenible“, e nela participarán tamén Beatriz Diosdado Calvo, arquitecta municipal do Ayuntamiento de Salamanca, presentando a Estrategia Savia red verde – Salamanca, Mónica Cid Rusiñol, Arquitecta da Dirección general de Planificación Estratégica do Ayuntamiento de Madrid e Carmen Mendoza Arroyo, Vogal da Xunta Directiva e Profesora Asociada de Urbanismo na Universitat Internacional de Catalunya. A palestra rematará cunha conversa co público asistente.

Esta edición de CONAMA desenvolverase de xeito presencial no Centro de Convenciones Norte de IFEMA, en Madrid, puidendo seguir algunha das súas actividades de xeito telemático.

Tags: