Arbusto caducifolio.
Familia: Verbenaceae
Xénero: Aloysia
Follas: lanceoladas en verticilos de tres que desprenden olor a limón.
Flores: tetrámeras, bisexuais, pequenas, coa corola tubulosa rosácea ou branquecina, en panículas termináis.
Froito: seco.
Observacións: As follas teñen propiedades medicinais, son dixestivas, estomacais, carminativas e antiespasmódicas. Tamén se usa para as dores de cabeza e para a dismenorrea (menstruación dolorosa). Utilízase como condimento en salsas, guisos e ensaladas. Tamén se emprega na elaboración de licores e perfumes. Cultívase como planta ornamental.