CELTIS AUSTRALIS L.

Lodoeiro, almez

O lodoeiro é unha árbore caducifolia que pode alcanzar os 20-30 m de altura. A súa casca é de cor gris, lisa e delgada. Indiferente ao tipo de solo, non tolera as xeadas tardías e require humidade no solo no verán.

Familia: Ulmaceae
Xénero: Celtis

Distribución: sur de Europa, oeste de Asia e norte de África. Amplamente distribuída na Península Ibérica sobre todo no sur e este. Dende o nivel do mar ata os 1.200 m de altitude aproximadamente.

Follas: caducas, simples, alternas, colgantes, pecioladas, de bordo aserrado, ásperas, de cor verde escuro pola face e peludas polo envés e redondeadas na base. Destaca a presencia de tres nervios principais que nacen xuntos na base da lámina.

Flores: mestura de flores bisexuais e masculinas, pentámeras, pequenas, pouco vistosas e de cor verde, xeralmente solitarias na axila das follas. Florece de abril a maio.

Froito: drupa de cor azul escura cando madura ao final do verán, con peciolo longo. O froito é carnoso, con un óso grande, comestible e de sabor doce.

Observacións: A súa madeira, lixeira e resistente, é moi aprecida e utilízase para fabricar bastóns, toneis, mangos de ferramentas, etc. Os froitos son comestibles e son alimento para a fauna silvestre, sobre todo aves, e as follas serven de alimento para o gando. Propiedades medicinais (adstrinxente, antidiarreico). Uso ornamental.