ACER CAMPESTRE L.

Pradairo campestre, arce menor

Árbore caducifolia de copa densa e casca gris e lisa nas árbores xoves e con fendeduras e cor negruzca nas adultas. De crecemento rápido. Indiferente ao tipo de terreo ainda que prefire os solos calcarios. Resitente ao frío. De adulto pode alcanzar os 20 m de altura.

Familia: Aceraceae
Xénero: Acer

Distribución: Europa, Asia e norte de África. Na Península Ibérica distribúese pola metade norte. En Galicia é unha especie rara, citouse a súa presencia nas provincias de Lugo e Ourense. Dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.

Follas: caedizas, simples, palmeado-lobuladas con 5 lóbulos, opostas, peciolo longo e vermello con látex branco.

Flores: pentámeras, hermafroditas, de cor verde, pouco vistosas, aparecen antes que as follas agrupadas en racimos. Florece de abril a maio.

Froito: de tipo sámara, con dúas ás opostas que facilitan a súa dispersión polo vento.

Observacións: A súa madeira é lixeira, dura e de cor parda avermellada e utilízase en tornería. As follas utilízanse como forraxe para o gando. Uso ornamental pola súa densa copa, que proporciona unha boa sombra, e a cor das súas follas no outono.