SALIX CAPREA L.

Salgueiro cabuxo, sauce cabruno

O salgueiro cabuxo é un arbusto ou pequena árbore de folla caediza, de casca parda agrisada, agretada e con ramas dende a base do tronco. Soporta ben as xeadas. Indiferente ao tipo de terreo (silíceo ou calcario) pero prefire os solos profundos, areosos, soltos e con humidade suficiente. Pode alcanzar os 5-12 m de altura.

Familia: Salicaceae
Xénero: Salix

Distribución: Europa e Asia. Na Península Ibérica distribúese polo norte e a súa presencia diminúe cara o sur. Dende o nivel do mar at os 2.100 m de altitude.

Follas: caedizas, simples, alternas, bordo dentado ou enteiro, peciolo peloso, elípticas, ovaladas ou redondeadas, face de cor verde escura e envés agrisado e tomentoso.

Flores: unisexuais dioicas (masculinas e femininas en pés diferentes) agrupadas en inflorescencias de tipo amento que aparecen na árbore antes que as follas. Florece dende xaneiro ata maio.

Froito: seco de tipo cápsula blanca tomentosa, con pedúnculo peloso. Cando madura ábrese en dúas valvas e libera as sementes rodeadas dun vilano de pelos algodonosos que facilitan a súa dispersión polo vento.

Observacións: A súa madeira utilízase como combustible, para obter carbón vexetal, para facer taboleiros, zocos, etc. As follas serven de forraxe para o gando. Uso medicinal xa que da súa casca obténse a salicina, orixe do ácido acetil salicílico.