Arbusto caducifolio, con ramas abundantes e alternas, diverxentes A casca é de cor parda escura e lustrosa, ramiñas patentes, curtas, con espiñas e rematadas nun pincho ríxido.
Familia: Rosaceae
Xénero: Prunus
Distribución: Europa, Asia occidental, norte de África. Dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.
Follas: pequenas, lanceoladas ou elípticas, de bordo aserrado e pubescentes polo envés.
Flores: de cor branca, pentámeras, precoces, moi abundantes e solitarias Florece de febreiro a maio.
Froito: drupa globosa de 10 – 15 mm de diámetro, de cor azul escura, recuberto de pruína na súa superficie, pulpa verdosa. Comestible, con sabor acedo.
Observacións: as flores e os froitos teñen propiedades adstrinxentes. A súa madeira é empregada polos torneiros e tamén para a fabricación de bastóns. O seu froito utilízase para a elaboración de licores coma o pacharán.